Saída ás Fragas do Eume

Durante estas dúas semanas , o alumnado de 6º de primaria participou nas actividades organizadas por CEIDA en relación ao Programa de transición ecolóxica que consistiron na asistencia a unha charla impartida por un dos seus formadores así como por unha xornada guiada na que coñeceron as Fragas do Eume e a súa importancia como espazo natural reservado. O xornada foi fantástca e o resultado moi enriquecedor.

Samaín no Concepción Arenal

 

Foron moitas as actividades e propostas feitas por este Samain.

En Educación Infantil, o xoves, os máis pequenos e pequenas fixemos un conxuro máxico e o venres...todos xuntos, disfrutamos da representación da obra de teatro "Corre, corre, cabaciña" representada polas alumna de prácticas. Cantamos todos xunt@s Os monstruiños e disfrutamos das merendas monstruosas nas clases, como os plátanos pantasmas que fixeron en 3 anos.

Tamén decoramos as portas das aulas, tanto en Infantil como e Primaria, e o centro, con diferentes motivos terroríficos, tivemos un obradoiro para o alumnado de 3º e ata tivemos a visita da Santa Compaña por primaria.

 

Chegou o outono¡¡¡¡

Os mais peques de infantil, a clase do lazo verde e amarelo, celebramos que estamos no outono. Esta mañá cando chegamos a clase atopámonos unha gran sorpresa: unha instalación  artística con follas e froitos de outono onde xogamos a lanzar as follas ao aire, a cociñar froitos, a clasificar , fixemos música..ata pasamos por un estupendo túnel outonal. Gozamos unha chea!!

 

 

Letras en pan.

O alumnado de 6º de educación Infantil levou a cabo, xunto as titoras e mestras de EI, un obradoiro no que fixeron pan e traballaron as letras e fonemas. Agradecemento especial a José Seijo pola súa colaboración dende AMASARTE.Parabéns por esta deliciosa actividade.

 

Taller sobre seguridade viaria

 

Esta semana o alumnado de 3º a 6º de educación primaria contou cun Taller sobre seguridade viaria ofrecido por Stop accidentes e a Fundación MAPFRE. Ditas institucións convocan o Concurso de cartas e/ou debuxosAgora imos andando ao cole!” co obxectivo de conseguir comportamentos seguros no camiño escolar. Ánimo e a participar¡¡¡

 

STOP ACCIDENTES<br />

Concerto da Banda do verán

Este pasado venres 16 de setembro, o alumnado de 3º e 4º de primaria disfrutou do concerto da Banda do verán que viñeron a presentar o seu espectáculo "A casa do terror".

Portada

CURSO 2022-2023

 

Infórmase que todos os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 € recibirán un vale adicicional de 25 €.

Este vale poden pasar a recollelo no centro.

 

HORARIO E LUGAR DE ENTRADAS E SAIDAS  

Educ. Infantil: entrarán pola porta de Castro Chané ás 9:00 h e  sairán ás 13.50 h.

Educ. Primaria: 1º e 2º entrarán pola porta de Castro Chané ás 9:00 h e  saírán ás 14.00 h.

 

Educ. Primaria: 3º, 4º, 5º e 6º  entrarán pola porta de Perpetuo Socorro ás 9:00 h e  saírán ás 14.00 h.

                 Aviso Importante: Soamente entran no patio os proxenitores do alumnado de Educ. infantil.

 

Están expostas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de libros, materiais e Fondo solidario para o vindeiro curso 

Os vales de textos e material recóllense na corserxería do centro a partires do 1 de setembro 

 

O ANPA  "O Tristel " colabora co centro e dona materiais para o alumnado

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL   CURSO 2022-2023

O  COLEXIO CONCEPCION ARENAL GAÑOU O 1º PREMIO ORATORIA 

 Torneo Escolar de Oratoria (TEO)  inspirado no Slam Poetry

BECAS E AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO

A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023  publicouse o 18 de maio de 2022, e poderán presentar as solicitudes no  colexio para a súa posterior tramitación,  desde o 19 de maio ata o 30 de septembro de 2022.

 

LISTAXES DEFINITIVAS

CURSO 2022/23

Xa están publicadas, no taboleiro do centro, as listaxes definitivas dos alumnos para o curso 2022/23, como non houbo reclamacións, as listaxes non tiveron cambios con respecto as listaxes provisionais.

 

 

NORMAS MATRÍCULA 2022/23

Datas formalización matrícula: do 20 ao 30 de xuño 2022

Documentación que se achegará xunto coa solicitude de matrícula

*  4 fotos tamaño carnet

* Fotocopia tarxeta sanitaria

* Fotocopia libro vacinación

* Certificado onde conste que promociona de curso

 

 

 

ADMISIÓN CURSO 2022/23

NORMAS DE ADMISIÓN

Acceso á solicitude de admisión

 

 

 

 

 

 

"Revista Catro Camiños 2024"

 

 

 

 

          

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                            

 

 

 

 

 

  

 

 

 
Distribuir contido