RECOMEDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

A continuación, recóllense unhas lecturas recomendadas polo Equipo da Biblioteca para ocupar o noso tempo de lecer nestas vacacións de verán.

Felices vacacións de verán¡¡¡¡

As xenerais da Ulla

Ainda que xa estamos ás portas do verán, compre recordar esta escenificación teatral dirixida polo titor e representada por dúas alumnas de 4ºA de primaria. Nesta representación teatral represéntase unha orixinal tradición que se celebra no entroido e que, formaba parte do proxecto de Biblioteca do centro para dar a coñecer o Entroido en Galicia ao noso alumnado. Neste caso, tratábase do espectáculo máis destacado do Entroido da comarca da Ulla e que leva por nome As xenerais da Ulla. Nesta tradición, as personaxes máis importantes, as Xenerais e os Correos a cabalo, percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes e remata escenificando un atranque, ou o que é o mesmo, un enfrentamento dialéctico por parellas que fan burlas sobre diversos temas e que nesta obra tan ben representaron Marina e Emily.

 

Facendo paddel surf por Mera

Esta semana o alumnado de 6º, que en breve despedimos, contou cunha actividade de Paddel Surf en Mera, actividade enmarcada como parte das actuacións do Contrato Programa Innova (Edu Saúde).

 

Taller de alimentación saudable

Durante este mes, o alumnado de 3º e 4º de primaria, recibiron un taller sobre alimentación saudable. Aspectos como distinguir a alimentación saudable fronte aos abusos de azucres e grasas, recoñecer as porcións recomendadas por grupos de alimentos ou elaborar alguna receita saudable foron, entre outros, obxetivos traballados neste taller impartido por Iria Llorca Loureiro.

Limpeza da praia

O alumnado de 3º e 4º de primaria, fixeron unha recollida de lixo da praia de Bastiagueiro e acabaron disfrutando dun paseo pola ruta que comunica Bastiagueiro con Santa Cruz.

 

Promoción de práctica deportiva

Durante este curso foron varias as disciplinas deportivas que coñecemos, neste video podemos recordar a de fútbol gaélico e judo.

Aprendemos xogando con Chafarís

Durante un mes tivemos en préstamo un lote xogos que empregamos nas aulas e que motivaron moito ao noso alumnado. Agradecer a proposta de préstamo a Chafarís Compostela.

RUTA DE PRAZA FORTE

Nesta ocasión, a quenda de coñecer algo máis de historia da nosa cidade, foi para o alumnado de 6º de primaria.

Visita de Érica Esmorís

Esta semana recibimos a visita de Érica Esmorís, escritora de varios libros que o noso alumnado de 4º de primaria leron neste ciclo.

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano celebramos as Letras Galegas cun improvisado festival no que contamos coa actuación de Jesús Suárez interpretando "1906", un himno ao Deportivo.

Distribuir contido