SEMANA DO LIBRO

Durante a semana pasada foron varias as actividades que se levaron a cabo en relación a conmemoración do día do libro, celebrado o martes 23 de abril. Neste video podemos ver os traballos de "Lerflix" así como a exposición que fixemos das fotos que remitiron as familias para o noso mural Lemos un conto?. Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación nesta iniciativa da Biblioteca do centro.

 

Día do libro en Educación Infantil

A mestras de Infantil prepararon un conto con luz negra para todo Infantil na Biblioteca...Que bigotes pasa¡¡. Un conto sobre emocións.

Nas aulas prepararon un marcapáxinas, especialmente creado para a ocasión, empregando rotuladores e ceras flúor baixo a incidencia de lámpadas e linternas de luz negra.

Gran traballo¡¡¡¡¡¡¡

OBSERVA_ACCIÓN

Este curso participamos no programa educativo Observa-Acción. Este programa, organizado polos Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación, permite a colaboración entre dous centros educativos. No noso caso, tivemos a sorte de colaborar co CEIP San Tomé de Cambados. Tras recibir a unha representación de profesorado de dito centro, fomos nós os que tamén compartimos experiencias e coñecemos propostas educativas alternativas no seu centro, destinadas a mellora da nosa práctica educativa.

PROXECTO DAS PROFESIÓNS

O alumnado de Educación Infantil, dentro do seu proxecto sobre as profesións, e o alumnado de 3º de educación primaria, tivo a sorte de contar coa visita de varios policías nacionais que trouxeron un coche e tres motos, así como diferentes ferramentas que empregan no seu día a día. O alumnado escoitou o que lles contaron sobre o seu traballo e tamén puideron ver e subir os vehículos, asi como probar os chalecos, os escudos e diferentes obxectos. 

O noso agradecemento a Virginia e Luís, mamá e papá de Luís e Andrés, así como aos axentes e a axente que os acompañaron, polo seu compromiso e por ofrecernos esta gran experiencia. 

 

PRAZAS CON PODER

O alumnado de 3º ciclo participou na proposta que o Concello ofrece aos centro Prazas con poder, unha iniciativa que ten o fin de coñecer diferentes épocas históricas a través das prazas públicas da nosa cidade, mostrando e coñecendo espazos de gran importancia para o desenvolvemento da cidade.

VISITA DE EVA MEJUTO

O alumnado de 3º ciclo recibiu a visita da Elvira Mejuto, escritora da obra O día que choveron gatos. O alumnado coñeceu anécdotas e datos referidos a ese libro que leron durante este curso.

 

CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS CURSO 2024-2025

Onte 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

 Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

 Toda a información da convocatoria pódese consultar:

- Na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor-para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

- Na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

- No teléfono 010 de información cidadán

 NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

Visita polo río Mero

O alumnado de 6º de educación primaria fixo unha ruta polo ribeira do rio Mero para coñecer a flora e fauna desta maravillosa contorna.

Ruta polas Fragas do Eume

O alumnado do 6º de primaria aproveitou unha xornada por unha contorna natural, as Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservado de Europa que segue o curso do Río Eume.

Angeles Huerta: Esquece Monelos

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha visita especial. Contamos coa charla de Ángeles Huerta, directora de cine e guionista, que nos veu a falar do seu documental Esquece Monelos. Despois do roteiro que disfrutou o alumnado pola nosa contorna e saber da existencia dun río que circula moi preto, o argumento do documental trata o esquecemento dos lugares e as súas xentes debido ao crecemento da nosa cidade. Unha charla que mantivo esperto o interese do noso alumnado preguntando as súas dúbidas e facendo ás súas aportacións. Moitas grazas Ángeles pola túa experiencia a aportacións.

 

Distribuir contido