Semana Europea da Mobilidade

 

Estes días estamos a celebrar a Semana Europea da Mobilidade e levamos a cabo algunha actividade, como a participación nas Xornadas de educación Viaria que teñen lugar no Obelisco por parte do alumnado de 6º, cun traxecto en bicicleta desde o centro educativo ata a localización das carpas onde se imparten as Xornadas.

Pola outra banda, desde Stop accidentes, vaise levar a cabo a habilitación temporal da contorna da rúa Castro Chané como espazo Parking Day durante a xornada deste venres 20 de setembro, permitindo o acceso peonil e seguro do alumnado e familias que acceden ao centro.

O obxectivo non é outro máis que impulsar a necesidade de xerar conciencia da dedicación do espazo público e mostrando que outro tipo de urbanidade é posible. Colocaranse carteis informativos indicando o obxectivo, as familias poderán compartir as opinións e impresións escribindo a:

ancasgalicia@stopaccidentes.org 

asunto: Aparcadoiro Day-CEIP_CONCEPCION ARENAL

 

 

 

AdxuntoTamaño
Cartel PARKING DAY-horizontal A3_page-0001.jpg747.61 KB
Semana Europea da Mobilidade.jpg355.12 KB