Skip to Content

4ºCURSO

EXPOSICIÓN DE MINERAIS.

Os grupos de cuarto puxéronse mans a obra para crear unha exposición de minerais:

1ºBuscaron información por parellas nos ordenadores da aula tic. As mestras démoslles unha web na que poder buscar e un guión cos datos que debían recoller.

2º Pasaron a limpo o borrador da información buscada e crearon unhas tarxetiñas cos minerais. Con estas tarxetas formamos unha exposición no no corredor.

 

 

3º Por último, estudaron e presentaron ante os demais o mineral que investigaron.

RECOMENDAMOS LIBROS!

A profe Dolo leunos un libro xenial no que aparecían diferentes modelos de cartas. Disfrutamos moito con ela!

A partir desta idea, cada neno e nena da clase debía elixir un libro que lle gustase e recomendarllo a un compañeiro/a . Para iso, crearon un borrador coa carta e logo pasárono a limpo.

A seguinte fase foi coñecer que partes ten o sobre e que información debemos incluir. Cada alumno escribiu o seu sobre cos datos necesarios.

Logo, vimos as partes dun selo con varios modelos reais que trouxeron algúns nenos da clase. Tamén vimos unha iniciativa de CORREOS coa que se crearon selos contra o cambio climático. Comentamos entre todos este tema e logo cada grupo púxose mans a obra para crear o seu selo seguindo esta temática do medio ambiente.

Por último, limos as cartas e colocámolas no corredor:

COUSIÑAS FEITAS EN NADAL

Polo Nadal, as clases de cuarto estiveron bastante atarefadas con actividades moi diversas:

-Escribiron unha postal para a clase que lle tocara no sorteo. A modo de chuvia de idea, fomos consensuando o contido da postal e logo decorárona. O paso final foi lerlla á clase correspondente:

-Lemos e disfrutamos coa postal que nos regalaron a nós outros cursos, moitas GRAZAS!!!

-En plástica decoramos o corredor con boliñas de Nadal, dentro contiñan desexos para o ano próximo. Previamente, fixemos unha sesión entre as dúas clases na que comentamos os nosos propósitos para 2020.

-Tamén creamos bonecos de neve con material reciclado: botellas de plástico recheas de boliñas de papel usado, restos de goma eva e doutros materiais que sobraran doutras actividades. Estes bonecos leváronos o Concello e expuxéronse na vila. Non hai foto, pero foi unha tarefa ben motivante.

-Ademais, preparamos a canción do festival, foron os propios nenos os que traduciron a canción e os que crearon versos novos. Noraboa polo traballo!

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As clases de cuarto xuntámonos para realizar unha tarefa relacionada coa violencia de xénero. Primeiro comentamos en alto ideas e frases para incluir no mural do noso nivel, saíron propostas moi interesantes. Logo, foron escribindo por grupos no mural, este é o resultado:

 

Mentres, ós que non lles tocaba decorar o mural, debían describir nun papel unha muller importante na súa vida e incluir aqueles aspectos que maís valoraban dela. Unha vez feitas as descripcións, os que quixeron compartiron en alto as súas descricións.

PIRÁMIDES ALIMENTICIAS PARA TODOS OS GUSTOS :)

Os nenos de 4ºA tiveron como tarefa crear na casa unha pirámide alimenticia. O resultado non podía ser máis chulo, fixádevos na de modelos diferentes que crearon:

 

NORABOA POLO TRABALLO!

PULSEIRAS DA AMIZADE

En valores, fixemos varias tarefas relacionadas co acoso escolar, coa resolución de conflictos e coa importancia de valorar e respectar a todos os compañeiros e compañeiras.

Hoxe acabamos de deseñar e crear as pulseiras da amizade. Aquí tedes o resultado:

Gracias Hugo R., por ensinarnos a todos como se fai un nó corredizo, aprendemos moito del!

O próximo día valoraremos o traballo, as pulseiras intercambiadas e continuaremos cunha actividades de convivencia  chamada O MUNDO DE CORES, que tal sairá?

ENTREVISTAS SAUDABLES

Para coñecer os hábitos saudables os alumnos de cuarto saíron de novo ó patio. O primeiro paso foi formar grupos para a lectura. Para iso moveron un pouco o corpo, cando as profes dicíamos un número en alto, eles tiñan que xuntarse rápidamente coas persoas que tiñan máis preto, intentando formar grupos con ese número. Ós equipos resultantes dun destes intentos tocoulles ler no libro información sobre o tema a tratar.

 

Dado o mal tempo, decidimos trasladar a tarefa ós corredores do cole. Aquí fixemos unha reflexión xeral sobre o lido e realizaron as entrevistas grupais sobre hábitos saudables. Na parte final, algúns grupos puideron compartir aspectos que descubriran dos compañeiros á vez que comentamos algúns temas interesantes que foron saíndo. Unha mágoa que por falta de tempo, só puidesen saír uns poucos.

 

 

AS ADIVIÑAS DO MAGOSTO

 

Os nenos e nenas de cuarto encheron de vida e cor o Magosto!  Na hora de ler xogaron a recitar e acertar varias adiviñas, había algunha ben complicada! Logo, na hora de plástica, debuxaron elementos do outono e dentro escribiron as adiviñas.

Despois, pegaron as adiviñas xunto coas follas que trouxeron algunhas nenas, con isto decoraron varias cintas que se colgaron no corredor.

Continuaremos traballando esta estación tan bonita en próximas tarefas orais e escritas.!

OS CUARTOS POLO MUNDO: FRANCIA E PORTUGAL

 

Seguindo o proxecto de A volta ao mundo, as clases de cuarto decidimos investigar dous países con máis detalle. Aproveitando que estabamos dando o territorio de España, eliximos dous países limítrofes: Portugal e Francia. Os pasos que seguimos foron estes:

a) Sorteamos os países e o apartado que cada grupo debía investigar (localización, lugares típicos, gastronomía, música e bailes, tradicións, historia etc.)

b) Comezamos a busca de información, para isto collimos as tablets e tamén fomos a ordenadores. Cada grupo recibiu un papeliño con algunhas webs nas que podían buscar. En folios a sucio foron copiando os datos que consideraron máis importantes para o seu apartado.

 

c) Unha vez recompilada a información, pasouse a galego e acordamos quen se encargaba de pasar á peza do puzzle cada anaco. Eles mesmos foron  os que o dedicidiron, de modo que todos puidesen escribir no puzzle.

d) Completaron e decoraron o puzzle.

 

e) Estudaron na casa a súa parte (algúns máis que outros ;) )

f) Por último, as clases contáronse na biblioteca  o traballo sobre o seu país.

Este foi o resultado das pezas de puzzle:

BUZÓN DA AMIZADE

 

Presentámosvos o BUZÓN DA AMIZADE!

Trátase dunha caixa feita polo alumnado de 4ºA  na que os nenos e nenas do cole poden deixar notiñas cos seus problemas.

 

Entre as clases de 4º A e B intentaranlle dar resposta nas clases de valores, pegando as propostas de solución nun espazo que deixamos no corredor.

Ademais, difundiron a idea do buzón, para iso creamos entre as dúas clases diferentes carteis, frechas que sinalan o buzón ... ata nos repartimos para ir polas clases a explicar o seu funcionamento!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A IDEA  E  QUE LLE DEADES BO USO 

Distribuir contido


by Dr. Radut