DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. INAUGURACIÓN DO EMPRÉSTITO

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, decidimos comezar co empréstito nos recreos.

Está sendo un éxito total e para motivar ao alumnado a que visite a Casa de Botalerias levan de agasallo unha chapa de recordo! 

"LER PREXUDICA GRAVEMENTE A IGNORANCIA" non o esquezas!!

 

 

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

A CASA DE BOTALERIAS BOTA A ANDAR ESTE CURSO 2018-2019.

No mes de outubro, adicámonos á formación de usuarios, lembrando normas, ubicación das obras, etc.

Todas as clases asistiron a estas xornadas de formación que foron UN ÉXITO!!

 

De igual xeito, aproveitamos esta visita para que cada grupo elixira o animal en perigo de extinción sobre o que traballará dentro do PDI "Animais en perigo de extinción" que levaremos a cabo este curso.

 AGARDAMOS APRENDER MOITO ACERCA DOS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN!!

 

 

 

VOLUNTARIOS-AXUDANTES DA BIBLIOTECA DE BOTALERIAS NO CURSO 2017-18

No Equipo de Biblioteca de Botalerias, non estivemos traballando soamente os mestres e mestras... Houbo un grupo de rapaces e rapazas voluntarias que durante tódolos recreos do curso estiveron xestionando o préstamo, colocando os libros nos estantes, axudando a dar de baixa libros, controlando o acceso á biblioteca...

Este grupo de alumnos e alumnas, tivo aogra ao remate do curso un pequeno recoñecemento pola súa labor e tamén o queriamos destacar na web do colexio.

 

Axudantes dos luns: Valeria, Uxía, Zaira, Alba, Hugo e Gabriel.

 

 

Axudantes dos martes: Antía Rey, Rubén, Ángela, Antía Méndez e Patricia. 

 

 

Axudantes dos mércores: Nerea, Carla, Henar, Gabriel e Pablo. 

 

 

Axudantes dos xoves: Estefanía, Irene, Manuel, Cristina, María e Julia. 

 

 

Axudantes dos venres: Izan, Nerea González, Andrea, Nadia, Miguel e Laura. 

 

 Foi un pracer traballar con vós!!

CONTACONTOS PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria puido asistir a unha sesión de Contacontos a cargo de Iago López.

Desta volta puideron coñecer as historias do "Axente Riciños" e, coma de costume, pasárono en grande coa visita deste gran convidado!!

Grazas a todos/as os/as que o fixestes posible!

 

RECORDOS DA I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO...

Unha vez rematada a I Feira do Libro Solidario e despois de ter analizado e avaliado o proceso e o resultado; chegou a hora de relaxarse e mostrarvos a través desta montaxe, as imaxes de como se desenvolveu e do gran éxito que tivo entre o noso alumnado.

Esperamos que desfrutedes vendo as imaxes, tanto coma nós mentres tivo lugar a feira!

Agradecemos especialmente a creación desta montaxe, á mestra Rocío, que tantas horas adicou ao procesamento das numerosas fotos dos 5 días de Feira!

 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Neste mes de maio que vén de comezar, visitounos na nosa Biblioteca Escolar LEDICIA COSTAS, divertida, cercana, amorosa, simplemente... FANTÁSTICA!!

Falounos da súa infancia, dos seus avós, dos seus libros...

Nós fixémoslle preguntas, falámoslle dos libros que lemos, do moito que nos gustaron e do que nos gustaría que escribise nos seus próximos libros.

 

Quedou encantada de vir ao noso cole porque todos os/as alumnos/as de 4º de Educación Primaria leron o seu libro estrela: "Escarlatina, a cociñeira defunta", pero como lles gustou tanto ese libro, algúns decidiron ler outros libros da mesma autora. Na nosa biblioteca escolar pódense atopar exemplares destas obras: "Esmeraldina, a pequena defunta", "A señorita Bubble" e "As peripecias de Extravaganzza Pérez".

Grazas Ledicia, quedas para sempre nos nosos corazóns!!

 

PRESENTACIÓN DE "PAKOLAS"

O alumnado de Educación Infantil, asistiu na Biblioteca Escolar Botalerias á presentación do Libro "Pakolas".

É un libro CD elaborado en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas e Galicia.

O autor e compositor dos temas que inclúe é Paco Cerdeira e a ilustradora do libro é unha veciña de Ordes: Laura Romero; e foi esta última a encargada de vírnolo presentar. Estámoslle moi agradecidos.

Benvido ao noso cole PAKOLAS!!

 

DÍA O LIBRO. I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO

Dende o Equipo de Biblioteca Escolar "Botalerias", queremos dar conta de como transcorreu a I Feira do Libro Soliario que se celebrou no noso centro entre os días 23 e 27 de abril.

Comezaremos dicindo que foi todo un éxito, xa que participou toda a comunidade educativa e os obxectivos de fomentar a lectura e a solidaridade no alumnado foron máis que acadados.

Pasaron pola feira todas as clases do centro e o troco de libros por alimentos creou unha gran expectación e interese entre o alumnado, familias e persoal do centro tanto docente coma non docente.

A solidaridade de todos/as e cada un quedou patente se nos fixamos no dato de kilogramos totais de alimentos recadados... algo máis de 1500 kg!! Sen esquecernos dos produtos de hixiene que non foron contabilizados.

Os/as voluntarios/as da Cruz Vermella foron os nosos aliados ao vir cada día ao centro a recoller os kilos de produtos recadados e estar sempre á nosa disposición para o que precisaramos.

E, por suposto, non queremos deixar de dar as grazas ás familias, tanto pola doazón dos libros de segunda man que foron empregados para a feira, coma pola cantidade de alimentos e produtos de hixiene doados a través dos fillos e fillas ao longo desta semana.

De igual xeito, queremos tamén informar das canles de publicidade das que gozou esta actividade: a propia páxina web do centro, carteis publicitarios no colexio, o xornal Crónicas, o facebook do xornal Crónicas, o facebook do Concello de Ordes, unha entrevista para Radio Cope Santiago (minuto 30 do programa emitido o xoves 26 de abril) e por suposto o boca a boca de todos e todas as implicadas.

 

Agardamos que a Feira do Libro Solidario se repita de xeito anual e que se convirta nunha Gran Tradición do noso centro.

GRAZAS!

 

VISÍTANOS CELTIA FIGUEIRAS... CONTADORA DE CONTOS!!

Continuamos a recibir no centro, visitas moi especiais...

Desta volta o alumando de Educación Infantil puido gozar cos libros da Titiriteira, contados pola contadora de contos Celtia Figueiras.

Mirade algunhas fotografías deste día...

 

Podedes visitar o seu blog e coñecer un pouco as súas andainas premendo aquí.

 

I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO (23-27 ABRIL)

CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, TERÁ LUGAR NO CENTRO UNHA FEIRA DO LIBRO ENTRE OS DÍAS 23 E 27 DE ABRIL. A IDEA PARTE DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR DO CENTRO, PERO CONTA COA COLABORACIÓN DE TODO O EQUIPO DOCENTE.

PRETENDEMOS QUE TEÑA CONTINUIDADE NO TEMPO, POLO QUE DECIDIMOS CHAMALA:

"I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO"

DECIDIUSE QUE FOSE UNHA FEIRA CON CARÁCTER SOLIDARIO XA DENDE O COMEZO, POSTO QUE OS LIBROS QUE SE VENDEN FORON DOADOS POLAS FAMILIAS DO ALUMANDO E POLO PROFESORADO. IGUALMENTE, APROVEITOUSE UN ESPURGO DE OBRAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR PARA COMPLEMENTAR OS EXEMPLARES QUE ESTÁN Á VENDA NA FEIRA.

E O CARÁCTER SOLIDARIO CONTINÚA POLO FEITO DE QUE PARA ADQUIRIR UN LIBRO, O ALUMNADO DEBERÁ "PAGAR" CON ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, QUE SERÁN XESTIONADOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO E TERÁN COMO DESTINATARIAS AS FAMILIAS MÁIS DESFAVORECIDAS DO POBO.

DE XEITO PARALELO Á PROPIA FEIRA, QUIXEMOS COLABORAR NESTAS MESMAS DATAS, RECOLLENDO PRODUTOS DE HIXIENE QUE TAMÉN DISTRIBUIRÁN E XESTIONARÁN DENDE O CONCELLO. (Na nota enviada aos fogares, podedes ver con máis detalle toda a organización da actividade).

Logotipo gañador: Iván Pérez García 5ºA de E.P.

SEN DÚBIDA, ESTÁ A SER UNHA ACTIVIDADE COMPLEXA QUE IMPLICA Á TOTALIDADE DA COMUNIDADE EDUCATIVA E QUE TERÁ UNHA DURACIÓN MÁIS PROLONGADA DO QUE É HABITUAL PARA UNHA CONMEMORACIÓN.

AGARDAMOS, POLO TANTO, QUE TODO ESTE TRABALLO SEXA UN ÉXITO NA PROMOCIÓN E FOMENTO DA LECTURA ENTRE O ALUMANDO ASÍ COMO NA CONCIENCIACIÓN DO IMPORTANTE QUE É AXUDAR AOS QUE MÁIS O NECESITAN.

GRAZAS DE ANTEMÁN A TODAS AS FAMILIAS, XA QUE SEN ELAS ESTA ACTIVIDADE NON SERÍA POSIBLE.