VISITA DE MARÍA CANOSA AO NOSO CENTRO

Desta volta tivemos a sorte de contar no centro coa visita de María Canosa.

Recibírona os alumnos e as alumnas de 3º de Educación Primaria que previamente traballaran a súa obra.

Resultado de imagen de MARÍA CANOSA rubicundo Resultado de imagen de a cazadora de estrelas

MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!

 

 

SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo, no noso centro, traballamos coa Prensa.

Decidimos crear unha zona nun dos corredores do centro na que poñer en común o que entre todos e todas se está traballando nas aulas.

Presidimos a exposición cun mapa no que están recollidos os principais xornais de cada unha das rexións e quedounos ben bonito!!

 

 

VISITA DE ANA ALCOLEA AO NOSO CENTRO

Foi todo un pracer para o noso alumnado, recibir a visita de Ana Alcolea na Biblioteca do noso centro.

 

Con ela, puideron falar acerca das súas obras e aclarar certos aspectos que intrigaban aos cativos/as trala lectura... 

 

Así mesmo, a autora asinou as exemplares dos rapaces e rapazas... 

 

Será, para todos e todas, un gran recordo por sempre!!

 

 

NOVIDADES LITERARIAS..

Dende o Equipo de Bibliotea, estivemos facendo unha revisión das obras máis demandadas polo alumnado de entre todas as que este leva emprestadas para os fogares.

Chegouse á conclusión de que as coleccións xuvenís eran as preferidas e conscuentemente, dotouse á biblioteca do centro con fondos destas coleccións. Para publicitalos, entregouse un díptico para os fogares do alumnado para revisar con máis calma as novidades das que poderán gozar dende este momento...

BOAS FESTAS DENDE A BIBLIOTECA DE BOTALERIAS!

Dende o Equipo de Biblioteca do C.E.I.P. ADR Castelao queremos desexarvos unhas boas festas.

Agardamos que a lectura vos acompañe nestes días de descanso!

 

Lembrade que ler un libro é sempre unha aventura...

 

 

RECUNCHOS DE LECTURA NO PRIMEIRO ANDAR

Dende o Equipo de Biblioteca Escolar intentamos facer dos libros un elemento cotián e familiar na vida dos escolares.

Para elo, xa o ano pasado, comezamos a crear dous recunchos de lectura informal nos corredores do primeiro andar.

Deste xeito os nenos e as nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria poden gozar da lectura durante os recreos cando chove (xa que neses días nin poden saír ao patio nin está aberta a Biblioteca).

Creamos dous números de lector; un para cada un dos recunchos e renovamos con frecuencia as obras que ofrecemos.

No que levamos de curso non choveu moito (desgraciadamente), pero observamos que os nenos e as nenas mostran cada vez máis interese por esta nova opción da que dispoñen.

 

Püssa nos coles!!

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria puideron asistir a un obradoiro na Biblioteca Escolar. Consistiu nunha actividade proposta pola Consellería de Política Social, que busca a concienciación acerca da reciclaxe de tapóns de tetrabricks e botellas coa finalidade de axudar a asociacións e causas que o precisen.

A mascota que os acompañou foi Püssa e os nenos e nenas pasárono en grande!

 

 

VISÍTANNOS AXENTES FORESTAIS

Vimos de recibir na Bilioteca do Centro unha visita moi especial. Estiveron con nós, axentes forestais e brigadas contraincendios.

Todos os nenos e nenas puideron coñecer máis de preto o seu traballo e aclarar moitas dúbidas que existían a raíz dos incendios que asolaron a nosa terra.

De igual xeito, como consecuencia da gran concienciación que existe no centro do coidado dos nosos montes; dende o centro estase desenvolvendo un proxecto chamado "Proxecto landras. De Ordes a Vincios" e dende a Biblioteca Escolar quixemos colaborar facendo unha seleción de obras que se poden traballar en relación ao tema.

Agardamos que a lectura sexa moi productiva!

 

MOCHILAS VIAXEIRAS EN CAMIÑO...

Dende o Equipo de Biblioteca do cole, queremos recordarvos que, un ano máis, as mochilas viaxeiras irán de camiño aos fogares do alumnado das aulas participantes...

Lembrádevos de ler ben as normas da actividade para que esta sexa un éxito!!

Que desfrutedes da lectura!!

 

 

ÉXITO ROTUNDO DO EMPRÉSTITO DE LIBROS DURANTE OS RECREOS

O empréstito durante os recreos non puido ir mellor!!

 

Desta volta encargámonos os mestres e as mestras de dar este servizo, pero pouco a pouco rapaces e rapazas voluntarios/as recibirán a formación necesaria e eles/as mesmos/as xestionarán esta actividade.

Non vos esquezades de que as portas da nosa Biblioteca estarán abertas durante o recreo!!

AGARDÁMOSVOS!!