recuncholectura

RECUNCHOS DE LECTURA NO PRIMEIRO ANDAR

Dende o Equipo de Biblioteca Escolar intentamos facer dos libros un elemento cotián e familiar na vida dos escolares.

Para elo, xa o ano pasado, comezamos a crear dous recunchos de lectura informal nos corredores do primeiro andar.

Deste xeito os nenos e as nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria poden gozar da lectura durante os recreos cando chove (xa que neses días nin poden saír ao patio nin está aberta a Biblioteca).

Creamos dous números de lector; un para cada un dos recunchos e renovamos con frecuencia as obras que ofrecemos.

No que levamos de curso non choveu moito (desgraciadamente), pero observamos que os nenos e as nenas mostran cada vez máis interese por esta nova opción da que dispoñen.