OS CONTOS DE 4ºA
Os nenos de 4ºA crearon contos durante o segundo trimestre.
Premede nos seguintes títulos para poder escoitalos.
QUE MARABILLOSOS ESCRITORES TEMOS NO
NOSO COLEXIO!!
5º XORNADA DO CLUB DE CIENCIA
Hoxe, @s nos@s científic@s do Club de Ciencias estiveron realizando distintos experimentos no "Laboratorio de Castelao"
A COMPOSTAXE
O pasado xoves, 8 de febreiro, o alumnado de 1º de Primaria tiveron un obradoiro de reciclaxe.
Nel ademais de lembrar en que colector vai cada residuo tamén aprenderon o procedemento para facer a compostaxe. Agora xa saben que tipos de residuos poden botar no composteiro e que poden usar como estructurante (herba do xardín) e sen esquecerse de mesturar os distintos tipos de residuos para que se produzca a fermentación.
A COMUNIDADE VAGALUME
O alumnado de Infantil e 1⁰ ciclo de Primaria desfrutaron dun marabilloso contacontos titulado: "A COMUNIDADE VAGALUME".
Este conto ten como protagonistas a animais humanizados cuxos comportamentos son idénticos ós das persoas.
O obxectivo deste contacontos era sensibilizar ao alumnado sobre a discriminación que sufren as mulleres na nosa sociedade e fomentar a comunicación como algo esencial para a resolución de conflictos.
Moitas gracias "A Asociación Visibles" por este contacontos.
ENCATOUNOS
CLUB DE CIENCIA
DA AUGA Ó AIRE
O pasado 31 de xaneiro levouse a cabo a 4ª sesión do Club de
Ciencia.
Nesta ocasión realizáronse tres experimentos:
- Carreira de transvasamentos.
- Barco a toda vela.
- Chocolatinas na feira.
ADEMAIS DE APRENDER...PASÁMOLO MOI BEN
PREMIO DA MODALIDADE INFANTIL DO IV CERTAME DE RELATO BREVE "A ERBEDA"
A nosa alumana de 6º de Educación Primaria, Sabela García Santos, gañou por terceiro ano consecutivo, o premio da modalidade infantil do IV certame de relato breve A Erbeda.
O conto, titulado "A nosa terra", narra a viaxe de descuberta de Galicia a través dos ollos dunha cativa de cuarto de primaria.
Parabéns Sabela.
Para poder acceder a toda a información premede na seguinte ligazón:
A MIÑA PALABRA FAVORITA EN GALEGO
A MIÑA PALABRA FAVORITA EN GALEGO
CONTAMOS UN CONTO
CONTAMOS UN CONTO
Dende o equipo de biblioteca convidamos ás familias (nai, pai,
irmáns, avós,tíos...) do alumnado do noso centro a participar na
actividade: " Contamos un conto".
A actividade consiste en inventar un conto relacionado co
PDI do centro: Castelao: " A escola é boa"
O conto ou o cómic ten que estar escrito en lingua galega.
Máximo dúas follas.
Para calquera dúbida poden chamar ao centro ou escribir un email a seguinte dirección:
biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal