CLUB DE CIENCIA

CIENCIA  NA  COCIÑA

O pasado 13  de  decembro levouse a  cabo a segunda sesión do Club  de Ciencia. Realizaronse dous experimentos: torre de densidade fluído non newtoriano.

Para  a realización  de  estes  dous  experimentos  usáronse ingredientes que  se  poden  atopar  en  calquera cociña.

    

 

 

   

 

 

 

SAÍDA FIN DE TRIMESTRE

SAÍDA  FIN  DE  TRIMESTRE

O  pasado  19  de  decembro,  o  alumnado  de 1º de

Primaria visitaron  o Concello  e  tamén  a  Oficina  de

Correos.

Premede  aquí  para  ver  un  vídeo  resumen desta 

xornada  marabillosa.

 

RECOMENDACIÓNS NADAL

RECOMENDACIÓNS LECTORAS  PARA  O  NADAL

 

Aquí vos deixamos as recomendacións de lecturas

para este Nadal cos mellores desexos de Paz e

Felicidade.

Premede na imaxe para poder  velas.

 

CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

 

Vanesa, a nai de Manuel alumno  de 

4ºA de Educación Infantil,envíanos a

portada  do  xornal  que  facian tódolos 

anos no  colexio ademais  dunha

anécdota que  pasara  e 

que esta  redactada nese  xornal.

 

Tamén  nos  envía  unha  foto  do  seu  grupo.

MOITAS  GRAZAS  VANESA 

POR COMPARTIR CON NÓS

  ESTOS  MARABILLOSOS 

RECORDOS

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Seguimos ca conta atrás para  as cacaciós e hoxe

lembranos  unha serie  mítica dos  anos 80. Todos  e

todas queriamos ser Sandokan. Todos corriamos a  coller

o  libro na biblioteca, incluso os rapaces e rapazas que non

querían ler.

 

Que tempos!!

                   

           

 

 

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Fixádevos que marabilla nos chega no

terceiro día da conta atrás.

Un luxo ter un sempre  a  man  para  seguir lendo e rindo.

Sempre  con ganas  de  máis  aventuras!!

Era  moi común  intercambialos con compañeir@s, collelos 

na  biblioteca, pedirllos aos Reis Magos...

Creo que  aínda nos gustan agora, non si?

 

 

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

No  segundo día  na  conta  atrás  no Castelao enviáronnos 3

fotos antigas  do  colexio.

Alguén  lembra  a  que  ano poden pertencer estas fotos?

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Comezamos a  conta  atrás  no  Castelao cun  conto

moi  especial: Os ratos esfameados. 

Este conto  foi  creado polo  alumnado de  4  escolas 

unitarias  do concello  de  Ordes: Merelle, Buscás, Beán 

e  Montaos durante  o  curso 2011 - 2012. Os  seus  autores 

eran  alumn@s  destas escolas de Infantil  e  1º Ciclo de

Primaria e  despois  foron  alumn@s  deste  colexio  a  gran 

maioría.

Se  premedes  aquí  podedes  desfrutar  desta  historia 

marabillosa. 

Unha  copia impresa  deste  conto pódese  atopar  na 

biblioteca  do centro  ou  tamén  na  biblioteca  municipal 

do  concello.

Begoña (directora  do  centro) e  María  mestras  neste

centro  en  aquel  momento  eran  mestras  en  dúas 

desas escolas.

 

 

ARRANCA O CLUB DE CIENCIA

O LABORATORIO DE CASTELAO

Onte deu comezo o Programa de Innovación educativa  "Club de

Ciencia". Nel participan alumnado de 3º,4º e 5º de Primaria que

levarán  a  cabo diversas investigacións e experimentos científicos.

Nesta primeira xornada ademáis de coñecer que  é  o  método

científco tamén deu  tempo  a  realizar dous experimentos:vermes

bailaríns o vomitador.

Nas  seguintes imaxes podedes ver un pequeno resumen  desta

primeira  xornada:

 

Para rematar o alumnado que asistiu a esta primeria  xornada ten

que  deseñar o  logo do  laboratorio. Teñen  de  prazo  ata  o  11 

de  decembro.

 XA  ESTAMOS DESEANDO

QUE CHEGUE

A  SEGUINTE XORNADA!!

 

 

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Este  ano  estamos de celebración no noso colexio.

Celebramos o seu 50 aniversario!

Para conmemorar esta significativa data convidámosvos a

participar NA CONTA ATRÁS para as vacacións.

 

Como podedes participar?


Pois contándonos cousiñas que vos pasaban cando erades

pequenos/as  e iades  á  escola, como por exemplo:

- Cancións de xogos que faciades.

- Anécdotas que pasaron.

- Contos.

- Trabalinguas.

- Actividades que vos gustaban.

- Costumes propias do voso  centro ( no Nadal, Entroido, fin

de curso...)

- Tamén podedes enviar fotografías.

 

Todo isto pode ser tanto relacionado co colexio Castelao

coma con calquera outro centro escolar.

Para enviar  esta información pode ser  en 

formato vídeo, imaxe ou en documento escrito ao seguinte

correo:

biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Para  calquera  dúbida  podedes enviar  a  vosa  pregunta 

ao correo  mencionado  anteriormente  ou chamando  ao

teléfono:881 88 08 81

 

ANIMÁDEVOS!!!

 

 

VOLVEDE Á  INFANCIA!!!