AXUDANTES DA BIBLIOTECA

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Durante este curso empezaron a traballar de

novo os axudantes da biblioteca. Foron

alumnos e alumnas de 6º de Primaria que

voluntariamente colaboraban nos recreos

colocando os libros nos seus andeis,

resolvendo dúbidas  aos usuarios, realizando

emprésitos...

Botalerias quíxolle agradecer o seu traballo

ao longo do curso entregándolle un  diploma 

e  un chaveiro. Recibiron o  premio da man 

de Begoña,directora do centro. Preme na

imaxe para ver a entrega de diplomas.

 

 

DA HORTA AO COMEDOR

DA HORTA AO COMEDOR

 Este martes,o alumnado de 2ºC, foron a horta para ver 

como medraban as cenoiras, cebolas, patacas...que  ainda 

temos  que esperar un pouco para  recoller.

O que si  puidemos recoller foron as leitugas que  levamos 

para  o comedor para  que  a  nosa  cociñeira  Carolina 

puidese  preparar unha riquímas ensaladas  para  xantar  ao 

mediodía.

   

 

 

 

 

AS FAMILIAS DE PRIMARIA TAMÉN XOGAN!!

AS  FAMILIAS  DE  PRIMARIA

TAMÉN XOGAN

O pasado 31 de maio, na biblioteca  do  centro, tivo lugar  un novo

obradoiro para  as  familias. Nesta  ocasión tocoulle  ás  familias 

do  noso alumnado de Primaria.

A temática deste obradoiro era  a  importancia do xogo nas  nosas

crianzas  de 6 a 12 anos.

O obradoiro foi impartido por Chafaris e  as  familias que 

asistiron desfrutaron dunha marabillosa tarde  de xogos en 

compaña  dos  seus fillos ademais de aprender que  os xogos 

permítennos áfianzar os coñecementos aprendidos, respectar as

quendas,tolerar a fustración, fortalecer as funcións cognitivas do

cerebro...entre moitísimas cousas máis.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS  FAMILIAS 

POLA  SÚA  PARTICIPACIÓN!!!!

 

 

ONDINA E O ARRECIFE DA MORTE PÚRPURA

ONDINA E O ARRECIFE DA

MORTE PÚRPURA

Irene Darriba Rodríguez alumna de 5ºC  de Primaria 

obtivo o 2º Premio co conto "Ondina e o arrecife da

morte púrpura" no concurso literario da

Agrupación O Facho 2023.

Premede AQUÍ para poder  ler o artículo  da resolución

do concurso.

 

MOITOS PARABÉNS IRENE!!

 

TARDE DE XOGO NA BIBLIOTECA!!!

TARDE  DE XOGO NA BILIOTECA!!

Durante este  curso  escolar  o  centro  está

desenvolvendo o  programa   "Familias  e lectura"  e 

hoxe, na  nosa  biblioteca,tivemos o  primeiro

obradoiro para  as  familias do  noso  alumando  de 

Educación Infantil. A  temática  deste  obradoiro  era 

importancia do  xogo  nas  nosas  crianzas. O 

obradoiro foi impartido por Chafaris e as  familias 

que  asistiron desfrutaron  dunha  marabillosa  tarde 

de  xogos na compaña  dos  seus fillos ademais de

aprender  que  os xogos permítennos áfianzar os

coñecementos aprendidos, traballar as  habilidades

cognitivas,fortalecer as funcións cognitivas do

cerebro, respectar e valorar ao adversario...entre 

moitas  outras cousas.

 

 

 

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS  AS  FAMILIAS

POLA  VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

 

SEMANA DA PRENSA

O XORNAL DE BOTALERIAS

 

No mes de marzo Botalerias convidou ao alumnado

do colexio  a  escribir noticias  reais ou

fantásticas relacionadas ca PDI do centro:

E ti... a que xogas?

Con todas as noticias chegadas  a casa de

Botalerias elaborou un xornal.

Se premedes na imaxen podedes ver o resultado!

MOI BO TRABALLO RAPACES!!

 

 

 

 

VISITA "O HEMATOCRÍTICO"

VISITA "O HEMATOCRÍTICO"

 

O pasado venres 21 de abril o alumnado de 2º de

Primaria recibiron a visita de Miguel López

coñecido como "O Hemacrítico", autor do libro

que estiveron a traballar no segundo trimestre:

"Regreso al bosque de los cuentos".

 Miguel contounos unha morea de cousas

interesantes, xa que falou de como empezou a

escribir, da orixe dalgunhas das súas tramas,

quen fai as súas ilustracións e tamén nos

comentou a cantidade  de libros que xa ten

escritos e aos idiomas aos que están traducidos...

Despois, os nenos e nenas fixéronlle preguntas,

que O Hematocrítico respondeu gustosamente.

Para rematar,asinou ao alumando os  seus libros.

MOITAS GRAZAS POLA VISITA

ESPERAMOS VOVERTE A VER PRONTO

NA NOSA BIBLIOTECA

 

 

 

 

 

PROGRAMA PRENSA - ESCOLA

 

VISITA PERIODISTA

 

O alumnado de 6º de Primaria puido desfrutar dunha

introdución ao periodismo a través dunha actividade  do Programa

Prensa Escola da Fundación Rey Fernández - Latorre.

Recibiron a visita do periodista Jorge Noya (exalumno

do colexio) e afondaron no proceso da elaboración das

noticias e do funcionamento dun xornal. Tamén  tiveron

tempo para facer un  obradoiro  onde  o alumnado creou  a  súa

propia noticia.

 

        

 

                                           

 

                   FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA!

MOITÍSIMAS GRAZAS JORGE!!!

 

 

CONTACONTOS

OS LUNARES DE RENATA

 

O alumnado de 2º de Primaria rematou a xornada do

venres 17 de marzo participando nun obradoiro de

animación á lectura.

Este obradoiro foi levado a cabo por Vicky, unha contacontos

que ven en representación da editorial Santillana, para

traballar sobre o libro: Os lunares de Renata.

 Foi un éxito, xa que foi moi participativo, sendo os propios

alumnos os protagonistas de diferentes acontecementos do

libro,que tiveron que escenificar e dramatizar.

 

 

MOITAS GRAZAS POLA ACTIVIDADE!!

PASÁMOLO MOI MOI MOI BEN!!