VISITA PERIODISTA
O alumnado de 6º de Primaria puido desfrutar dunha
introdución ao periodismo a través dunha actividade do Programa
Prensa Escola da Fundación Rey Fernández - Latorre.
Recibiron a visita do periodista Jorge Noya (exalumno
do colexio) e afondaron no proceso da elaboración das
noticias e do funcionamento dun xornal. Tamén tiveron
tempo para facer un obradoiro onde o alumnado creou a súa
propia noticia.
FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA!
MOITÍSIMAS GRAZAS JORGE!!!