Skip to Content

UN SAÚDO MOI ESPECIAL!

O alumnado do CEIP Arquitecto Casas Novoa, quixo enviarvos un saúdo moi especial. Aquí volo deixamos para que poidades velo por niveis. 

Ademais dende o EDLG púxose en marcha, como cada ano, a elaboración de postais navideñas para entregarlles aos usuarios da residencia DomusVi situada na Rúa Escultor Camilo Otero, en Santiago de Compostela. O resultado foi fabuloso!

Agardamos que vos guste!

I Certame de Panxoliñas en familia

Aquí vos deixamos un vídeo con todas as panxoliñas participantes no I Certame de panxoliñas en familia.

Agradecervos ás familias por acoller esta proposta e felicitarvos polo esforzo e o traballo. 

Podedes ver as fotos da entrega de premios pulsando na seguinte ligazón.

VER FOTOS NA GALERÍA

BO NADAL E SAÚDE PARA TODOS/AS!

MENÚ MES DE DECEMBRO

 CAMBIO MENÚ DO DÍA 30 DE NOVEMBRO
Por non poder dispor do peixe fresco, o menú para o luns 30 de novembro será:
                              1º Prato: Sopa de polo.
                              2º Prato: Macarróns integrais con atún e cabaciña.
                              Sobremesa: mazá.

 

 

25 de novembro

 Estas dúas actividades foron levadas a cabo no noso centro para reflexionar e conmemorar o 25N. No blog de BIBLIOTECA atoparedes un pequeno resumo das actividades que se puxeron en marcha.

I Certame de Panxoliñas en familia

Este Nadal dende os equipos de Biblioteca, Actividades, TICs, EDLG e a Aula de Música, traemos unha proposta na que vos animamos a participar a todos os nenos/as e  familias.

Trátase do I Certame de Panxoliñas en familia

ANIMÁDEVOS!

PRAZO: Do luns 23 de novembro ao luns 14 de decembro.

Bo Magosto!

Os nenos e nenas de 2º de Primaria quixeron contarnos a historia da castaña coa que aprender algunha curiosidade sobre este froito tan presente na nosa comunidade. 

 E en 1º de Primaria quixeron adicarlle este xogo-canción.

Samaín 2020

Este ano celebramos o Samaín dun xeito diferente.

Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e o de Biblioteca, puxéronse en marcha distintas actividades relacionadas coa temática: exposición virtual de cabazas, algúns dos medos ou receitas de Samaín. 

Grazas a todas as familias e alumnado por participar!

MENÚS MES DE NOVEMBRO

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 // 2021

Estimadas familias:

Infórmase de que a partir do vindeiro luns 26 de outubro, dará comezo o servizo de comedor escolar neste centro, en horario de 13:20 a 15:20.

A continuación xúntanse varios arquivos con información alimentaria de interese, referida aos productos e alérxenos empregados, ademais dos menús correspondentes á última semana do mes de outubro. 

Para calquer outra dúbida en relación a cuestións de carácter organizativo, prégase que consulten nesta misma páxina web ( arquivo adxunto en inicio de curso) o Plan de adaptación á situación COVID-19 do centro, onde figura un apartado adicado á organización e funcionamento do comedor escolar durante esta situación de crise sanitaria.

Un saúdo 

O equipo directivo

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR E XORNADA LECTIVA

Estimada familias: 

Informamos ao respecto do servizo do comedor escolar neste centro que a día de hoxe segue sen haber colaboradores/as suficientes para que este servicio poida funcionar. Ante esta situación, tendo en conta o protocolo COVID- 19,  dende a dirección do centro enviouse un novo escrito á inspección educativa para que sexa trasladado á Xefatura Territorial, no cal se detalla como se prevé que sexa a xornada lectiva  deste centro a partir do día 1 de outubro.

Xúntase en un anexo o escrito enviado.

Distribuir contido


by Dr. Radut