Fondo Solidario de Libros de Texto
Axudas Adquisición Libros Texto e Material Escolar
Curso 2024/25
Premede na imaxe para acceder á información (normativa, solicitudes, documentación, cuantías das axudas...)
RESUMO
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DESTINADO AO ALUMNADO DE 3º,4º, 5º E 6º DE E.P. NO CURSO 2024/25
-Alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de EP no curso 24/25.
-Deben ter devoltos os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 23/24.
-Trátase dun servizo de préstamo no que o centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles en orde inversa á renda per capita da unidade familiar tendo preferencia o alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.
-Os beneficiarios quedan obrigados a conservar en bo estado os libros e a entregalos ao rematar o curso.
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO
-Alumnado matriculado en 1º e 2º de EP
-Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%
-Alumnado NEAE matriculado que non poida usar os libros de texto do curso que estea matriculado, e para o que non existen libros adecuados no fondo solidario en 3º,4º,5º ou 6º de E.P. (xustificado polo centro).
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNADO DE 1º E.S.O.
-A solicitude é a mesma que para E.Primaria. Serán presentadas no Instituto que vaia realizar a matrícula.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
-Destinadas a alumnado de Ed. Primaria
-Renta per cápita igual ou inferior a 6000 € ..................................75€
-Renta per cápita entre 6000 e 10.000€ ........................................60€
PROCEDEMENTO
-A solicitude será única para todas as fillas ou fillos que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2024/25
-Forma de presentación;
-Electrónica.
-Presencial coa asistencia da aplicación.
-Presencial manual
-Serán presentadas polo pai,nai,titor/a ou representante legal do alumnado.
-O prazo de presentación remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).
-Xunto coa solicitude (AnexoI )presentarase a seguinte documentación:
-AnexoII (comprobación datos membros computables unidade familiar)
-Copia do libro de familia ou documento equivalente.
*sentencia xudicial ou convenio regulador en caso de separación ou divorcio.