Skip to Content

Fondo Solidario Libros de Texto e Axudas Material Escolar

Fondo Solidario de Libros de Texto

Axudas Adquisición Libros Texto e Material Escolar

Curso 2024/25

 

 

Premede na imaxe para acceder á información (normativa, solicitudes, documentación, cuantías das axudas...)

 

RESUMO

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DESTINADO AO ALUMNADO DE 3º,4º, 5º E 6º DE E.P. NO CURSO 2024/25

-Alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de EP no curso 24/25.

-Deben ter devoltos os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 23/24.

-Trátase dun servizo de préstamo no que o centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles en orde inversa á renda per capita da unidade familiar tendo preferencia o alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

-Os beneficiarios quedan obrigados a conservar en bo estado os libros e a entregalos ao rematar o curso.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

-Alumnado matriculado en 1º e 2º de EP

-Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%

-Alumnado NEAE matriculado que non poida usar os libros de texto do curso que estea matriculado, e para o que non existen libros adecuados no fondo solidario en 3º,4º,5º ou 6º de E.P. (xustificado polo centro).

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNADO DE 1º E.S.O.

-A solicitude é a mesma que para E.Primaria. Serán presentadas no Instituto que vaia realizar a matrícula.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

-Destinadas a alumnado de Ed. Primaria

-Renta per cápita igual ou inferior a 6000 € ..................................75€

-Renta per cápita entre 6000 e 10.000€ ........................................60€

PROCEDEMENTO

 

-A solicitude será única para todas as fillas ou fillos que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2024/25

-Forma de presentación;

                 -Electrónica.

                 -Presencial coa asistencia da aplicación.

                 -Presencial manual

-Serán presentadas polo pai,nai,titor/a ou representante legal do alumnado. 

-O prazo de presentación remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).

-Xunto coa solicitude (AnexoI )presentarase a seguinte documentación:

-AnexoII (comprobación datos membros computables unidade familiar)

-Copia do libro de familia ou documento equivalente.

*sentencia xudicial ou convenio regulador en caso de separación ou divorcio.



story | by Dr. Radut