O pasado 27 de maio o alumnado de infantil puido gozar dunha xornada distinta e moi esperada, a excursión de fin de curso que este ano fixemos na granxa escola de Bergando.
Aquí deixamos unha pequena mostra dun día tan especial!
Para rematar o 2º trimestre o alumnado de infantil merendou unhas riquísimas espetadas de froitas que eles mesmos elaboraron... quederes ver o proceso?
A semana pasada fomos de excursión ao cine Numax a ver a película "El Caracol y la Ballena", ademais de varias curtas de animación como "La hoja", "La pesca milagrosa" e "Al agua". Que ben o pasamos!!
Aquí deixamos unhas fotos, esperamos que vos gusten!!
O pasado día 27 as nenas e nenos de infantil puidemos disfrutar dunha marabillosa excursión á panadería que nos leva o pan todos os días ao comedor, a Panadería de Berdía. Que emoción poder coñecer mellor o lugar onde nos fan o pan todos os días, ver como son os fornos e por suposto facer os nosos propios pans e xogar coa fariña. Ademais de poder facer o pan tamén puidemos merendar uns deleciosos croissants recén feitos con zume.
Foi un gran día que gardaremos na nosa memoria. Moitas grazas por todo e polos agasallos!
Esperamos que esteades a pasar uns días fantásticos de Entroido. A semana pasada tivemos un obradoiro de cociña donde fixemos unhas rosquillas de mazá, quedáronnos deliciosas. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades todo o proceso. Esperamos que vos gusten!
Fai uns días fomos de excursión ao Teatro Principal a ver un espectáculo de títeres chamado Titiricircus. A pesar de que nos choveu un pouquiño polo camiño pasámolo en grande. Aquí podedes ver algunhas fotos, esperamos que vos gusten.
O pasado venres as nenas e nenos de infantil disfrutaron dos seus agasallos de Reis e Papá Noel cos seus compañeiros e compañeiras da aula. Foi unha xornada moi especial onde compartiron cos resto dos nenos e nenas os seus xoguetes novos.
O inicio do 2º trimestre veu cargado de aniversarios na aula de 5 anos. A semana pasada celebramos os cumples de Vega e Juliettta e estes días celebramos o cumple de Dani.
Aquí vos deixamos un vídeo que recolle o ben que o pasamos cociñando a nosa receita. Ademais, se queredes, durante estas vacacións podedes probar a facelos na casa. Esperamos que vos guste!!