O venres 3 os nenos e nenas de 6º de Ed.Infantil desfrutaron dun concerto estupendo da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia.
Tivemos a sorte de compartir esta saída co alumnado de 2º de EP.
Tratábase dun conto musicado que nos contou unha historia do mundo dunha pequena fada sobre o esconxuro dun trasno.