O recuncho de Marronciña

SAMAÍN

O pasado mércores celebramos no colexio o Samaín. Aquí deixamos unha mostra dos terroríficos disfraces cos que viñeron os nenos e nenas ese día ao cole. 

Asemade tamén deixamos o enlace para que poidades ver as casas tan terroríficas que encheron os corredores do centro estes días. 

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=fPYZXgOR8p7l0zJtr9wW

Moitas grazas por participar!

RECOMENDACIONS LECTORAS PARA O VERÁN

Coa chegada do verán a miña casa queda sin  os sorrisos das nenas e nenos que me veñan visitar todos os días... Para que nos vos esquezades de min déixovos algúns libros que a min me gustaron moito.

Bo verán. 

Marronciña 

 

CONTACONTOS FAMILIARES

Como cada ano nos meses de abril e maio no colexio celebramos unha nova edición dos "Contacontos familiares", e xa imos pola cuarta edición e dende o equipo de biblioteca so queremos dar as garzas a todas as familias por participar nesta actividade! 

Aquí vai un breve resumo de todos os contacontos, agardamos que vos guste moito. 

LETRAS GALEGAS 2024

O pasado día 20 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas que este ano se adicou a poetisa Luísa Villalta. 

Deixamos aquí un breve resumo das actividades levadas a cabo con motivo de dita celebración.

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Marronciña tráenos as súas recomendacións lectoras para este Nadal e se os Reis Magos aínda non teñen encargados todos os agasallos seguro que lles pode interesar esta recompilación de libros.

Agardamos que vos sexa de utilidade.

 

BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2024!

 

 


 

Club de lectura "CAZADORES DE LIBROS"

O próximo 14 de decembro comeza de novo o club de lectura para o alumando de 5º e 6º de EP, e estas son as datas das reunións.

ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA

Hoxe tivemos a sorte de termos na biblioteca do noso cole a unha muller polifacética: escritora, actriz, contadora de contos, de historias... e case "bruxa", que nos achegou á súa prolífica obra dun xeito lúdico e divertido. Facéndonos partícipes dos seus segredos, cunha morea de feitizos e meigallos, que provocaron en nós risas a varrer e aplausos á esgalla. Soubemos cousiñas do seu libro Bruxa e familia que non poderiamos nin imaxinar só con lelo. E coñecimos un pouquiño máis á Tartaruga Amodovou.

Que bo rato nos fixo pasar!!

Moitas grazas a ela polo seu tempo e a todo o alumnado e profesorado do cole pola súa participación na actividade.

 

Equipo de Biblioteca e EDLG.

ACTIVIDADES POLO DÍA DO LIBRO

O mes de abril é o mes dos libros, e no colexio non quixemos deixar pasar a ocasión de celebrar unha data tan importante para nós como é o Día do Libro. Por este motivo durante todo o mes estivemos a levar a cabo distintas propostas co fin de fomentar a lectura no noso alumnado. 

Aquí deixamos un breve resumo das actividades levadas a cabo, pero estade moi atentos porque en maio seguimos con novas actividades!

Moitas grazas a todos por participar!

 

Cream Colorful Imagine Books Illustration Vector World Book Day Video de begoña

contacontos 1º e 2º de primaria

Hoxe veu a colexio o autor e ilustrador David Rodriguez a contarnos un conto sobre o importante que son as avoas e os avós nas nosas vidas. Rematamos a actividade cunha canción sobre o conto. 

Aquí vos deixamos unha mostra do encontro. 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design