Skip to Content

Fóra do centro

VISITAMOS o MHN

O pasado venres 15 de novembro o visitamos o Museo de Historia Natural que está no Parque de Vista Alegre (Santiago) cunha visita guiada que resultou moi interesante. Faláronnos dos diferentes reinos de seres vivos, dos diferentes ecosistemas, da fauna dos diferentes continentes, etc.

VISITA A MARCELLE NATUREZA - 5º & 6º EP

O pasado venres 24 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º EP de Primaria visitaron o Parque Marcelle Natureza (Lugo) onde realizamos unha visita guiada cos monitores do parque e puideron ver un montón de animais salvaxes: cebras, suricatas, wallabies, osos, linces, bisontes ... Ademais, aprenderon a tirar con arco. Sen dúbida, foi un día xenial.

 VER FOTOS NA GALERÍA 

SEGURIDADE VIAL en AMIO

O pasado xoves, 22 de febreiro, fomos ao recinto feiral de Amio para que o alumnado de 6º de Primaria aprendese conceptos de seguridade vial coa Policía Local de Santiago de Compostela. Algo de teoría e moita práctica con bicicletas e karts sobre un circuito urbano. Risa

FOMOS AO TEATRO PRINCIPAL

Este pasado martes, 30 de xaneiro, a clase de 6º EP asistiu no Teatro Principal de Santiago de Compostela á obra de teatro O neno Groba e Música, unha historia entrañable sobre un neno que atopa na música a súa mellor amiga.

5º e 6º FOMOS AO AUDITORIO

O alumnado de 5º e 6º foi o pasado venres 1 de decembro ao Auditorio de Galicia para asistir ao espectáculo musical Pulcinella e a máscara máxica coa participación da Real Filharmonía de Galicia. Foi un concerto xenial. Sorriso

 

Excursión fin de curso 2º e 4º EP

O pasado xoves 15 de xuño, o alumnado de 2º e 4º foi de excursión a Vilanova de Arousa.

Pola mañá visitaron o Pazo de Vista Real. Fixeron varias activiades: un paseo pola historia, disfrutaron dun labirinto onde puideron alimentar a pombas mensaxeiras, foron ao hospital de plantas do pazo... 

Pero tamén tiveron tempo de lecer no parque natural do Terrón, e comeron nunha praia do Terrón. Ademais fixeron un traxecto no chiquitrén versión disco, onde o  pasaron xenial.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

VISITA AO CiTIUS - 5º EP

Este venres 9 de xuño, os nenos e nenas de 5º EP visitamos o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) en Santiago de Compostela. Alí aprendemos un montón de cousas relacionadas co mundo dos ordenadores: realidade virtual, supercomputadores, microelectrónica, servidores ... Una auténtica pasada!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

Visita aos museos da Coruña 3º EP

O luns 5 de xuño, o alumnado de 3º de Primaria achegouse á cidade da Coruña, para poder visitar dous dos seus museos municipais: A Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae) e a Casa das Ciencias, onde puideron tamén desfrutar dunha sesión no Planetario.

VISITA a APÍPOLIS - 5º & 6º EP

Este pasado luns 22 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP tiveron que levantarse ben cediño para chegar en autobús preto de Pontevedra e visitar APÍPOLIS, a cidade das abellas. Alí puideron facer galletas de mel, velas e vestirse de apicultores para achegarse ás colmeas. Un día de maio para lembrar!!!

VER FOTOS NA GALERÍA   

Saída a Santiago 1º e 3º

O venres 5 de maio, o alumnado de 1º e 3º de Primaria desfrutou dun paseo no tren turístico pola nosa cidade. Durante o percorrido puideron escoitar as explicacións que lles ían relatando e describindo dos lugares polos que ían pasando. 

Ao rematar a ruta, deron un paseo pola Alameda e achegáronse ao Parque Infantil para merendar, descansar e xogar. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut