Skip to Content

No centro

TALLER de RCP BÁSICA

Hoxe, mércores 13 de decembro, o alumnado de 6º EP asistiu a un taller sobre RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar) básica, realizado por personal do centro hospitalario HM Rosaleda de Santiago de Compostela. Aprenderon conceptos básicos de primeiros auxilios, entre eles a postura de seguridade para alguén que está inconsciente, a RCP ou a manobra de Heimlich. Foi moi interesante e instructivo.Risa

 

Calendario de Advento. Nadal 2023

Chega decembro e con el a conta atrás cara ao Nadal. Por iso este ano queremos presentarvos o noso Calendario de Advento, onde nos días lectivos que restan para Nadal, poderedes ir descubrindo un vídeo sorpresa elaborado por cada aula. Tan só tedes que facer clic no día para poder visualizalo na nosa canle de youtube.

Comezamos hoxe venres, día 1 de decembro, e remataremos o día 21 cunha gran sorpresa para todos/as!

Agardamos que vos guste tanto como a nós, pois o alumnado e o profesorado puxo todo o seu esforzo neste traballo.

AVISO COLABORADORES/AS

A día de hoxe seguimos a precisar colaboradores/a na atención do comedor escolar para este curso 2023/2024. 

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude no centro ou no enderezo electrónico do mesmo:

ceip.casas.novoa@edu.xunta.gal

 

Concerto de Pakolas

O pasado mércores 14 de Xuño, o alumnado puido desfrutar dunha sorpresa que preparou a ANPA con moito agarimo para despedir o curso: o concerto de Pakolas

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Os maios

O pasado mércores despedimos o mes de maio cunha canción onde participou todo o alumnado. Aquí vos deixamos o resultado.

Podedes ver tamén algunhas fotos das actividades levadas a cabo ese día, facendo click na seguinte cámara.

Certame das Letras Galegas

Xa podedes ver aos traballos que o alumnado presentou para participar no Certame das Letras Galegas posto en marcha polo equipo de Biblioteca.

A entrega de premios será o vindeiro mércores 31 de Maio.

Visita Policía Local, 4ºEP

O pasado martes 18 de abril os nenos de 4º de primaria recibiron a visita da Policía Local.

Escoitaron unha charla moi interesante sobre educación vial: os perigos aos que nos enfrontamos como peóns e as medidas a tomar para diminuír o risco.

Despois tiveron a ocasión de coñecer polo miúdo os elementos cos que traballan os policías locais de Santiago: o coche, a temible máquina de poñer multas, material defensivo…

No patio do colexio puideron experimentar como é ir na parte traseira dos coches da policía. Son moi diferentes aos coches da familia!

Tamén de vestir coma un policía listo para pasar á acción.

Podedes ver as fotos aquí:

Día do libro: 23 de abril

O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dende o blog de Biblioteca do colexio, propoñen diversas actividades nas que podemos participar: 

Día Internacional da Muller. Reto 8M.

Dende hoxe está en marcha o reto do 8M, que podedes consultar nblog de biblioteca.

Entroido 2023

A semana pasada puidemos desfrutar no colexio do Entroido. Durante a semana seguimos os mandados do Meco. Na seguinte imaxe podedes ver un resumo.

Rematamos o venres con un desfile de disfraces, onde a temática por cursos foron as profesións.

 Na seguinte cámara deixámosvos unhas fotos da galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut