Skip to Content

No centro

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

No CEIP Arquitecto Casas Novoa, celebramos o Día das Letras Galegas 2017 honrando ao escritor Carlos Casares. Fixemos diversas actividades nas titorías de Ed. Infantil e Primaria sobre a figura e os textos do homenaxeado. Ademais, o 19 de maio celebramos un festival para todo o alumnado. Premede nos enlaces para ver os vídeos.

5º EI - 1º EP - 2º EP ---- A galiña azul.

4º EI - 6º EP ---- A formiga esquiadora.

6º EI - 1º EP ---- A bomba da felicidade.

3º- 4º- 5º EP ---- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

CONTACONTOS

Recentemente, a editorial Kalandraka enviounos un contacontos que nos falou de Carlos Casares, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, e fixo as delicias do alumnado de Infantil e Primaria.

DÍA DO LIBRO

O pasado luns 24 de abril celebramos no noso colexio o Día do Libro. Como xa é tradicional organizamos un mercado de libros usados para darlles unha nova vida e tamén para que o alumnado puidera desfrutar das novas aventuras que agochan.

VER FOTOS NA GALERÍA

AQUALOGÍA

Os alumnos de 3º EP tiveron a oportunidade de aprender unha chea de cousas sobre a auga que chega aos nosos fogares, nunha actividade desenvolvida pola empresa ViAQUA.

DÍA DA ÁRBORE

Coa chegada da primavera, celebramos no CEIP Arquitecto Casas Novoa o Día da Árbore (Día Internacional dos Bosques, realmente). O persoal de xardinaría do Concello de Santiago instruiu aos alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria para plantar árbores froteiras e arbustos que encherán de vida o patio do noso centro. 

VER FOTOS NA GALERÍA

EDUCACIÓN VIAL - 4 anos

O alumnado de 5º curso de Ed. Infantil (4 anos) asistiu a unha charla sobre Seguridade Vial, impartida por axentes da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela. Ademais, tiveron a oportunidade de levar á práctica todo o aprendido nun circuito moi divertido.

VER FOTOS NA GALERÍA

DÍA DA POESÍA

A partir do 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día Mundial da Poesía. Entre outras actividades, aproveitamos a hora de ler para que fosen os pequenos quenes recitaran poesía aos alumnos maiores.

O luns 20, 2º EP recitou a poesía "Emilia Pardo Bazán" (Carmen Gil) a 6º EP.

O martes 21, 1º EP recitou "Os soños na gaiola" (Manuel María) a 5º EP.

O mércores 22, o alumnado de 5 anos recitou "Era un niño que soñaba" (Antonio Machado) a 4º EP.

O xoves 23, a clase de 4 anos recitou "Caracol" (Manuel María) a 3ºA.

Finalmente, o día 24, o alumnado de 3 anos recitou "Mi carita redondita" (Gloria Fuertes) a 3ºB.

Foi unha semana bastante poética, sen dúbida Guiño

FESTEXAMOS O ENTROIDO

Celebramos o Entroido na Sionlla, con cancións, máscaras, desfile de disfraces e sobre todo moita troula. O alumnad@ tamén puido degustar doces típicos destas festas cun delicoso chocolate. Así, calquera! Guiño

     DESFILE DE ENTROIDO                             VER FOTOS NA GALERÍA

DÍA DE ROSALÍA

Recentemente celebramos no colexio o Día de Rosalía, para honrar a Rosalía de Castro, figura senlleira da nosa literatura en galego e tamén en castelán. Pensamos que o mellor homenaxe que lle podiamos facer sería ler e recitar os seus poemas e puxémonos mans á obra. Premede na imaxe para ver o resultado.

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Nesta pasada semana celebramos o Día Escolar pola Paz o día 30 de xaneiro, co gallo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, gran loitador a prol da paz e a non violencia. Premendo no enlace, poderedes ver algunhas reflexións do noso alumnado ao respecto e as actividades desenvolvidas. 

REFLEXIÓNS POLA PAZ

Distribuir contido


by Dr. Radut