Skip to Content

DOCUMENTAIS para 3º - 4º - 5º - 6º EP

Como vos prometera antes da suspensión das clases, aquí vos deixo uns enlaces sobre os seres vivos. Trátase de LIFE (VIDA), unha serie documental da cadea BBC que o alumnado de 4º EP xa coñece porque temos visto algúns deles na clase. Neles poderedes ver imaxes alucinantes e aprender moitas cousas sobre animais e plantas nos vindeiros días. 

 

Life 1: La lucha por la vida.                   Life 6: Insectos.

Life 2: Reptiles y anfibios.                     Life 7: Depredadores.  

Life 3: Mamíferos.                                 Life 8: Profundidades. 

Life 4: Peces.                                         Life 9: Plantas.

Life 5: Aves.                                           Life 10: Primates.

LEMBRADE VISITAR ESTA PÁXINA-WEB CADA POUCOS DÍAS PARA VER AS NOVIDADES OU TAREFAS QUE SE VAIAN SUBINDO.

Moito ánimo para todos que xa queda menos!!!!

4º EP - CORRECCIÓN DE ERROS.

Estimadas familias de 4º EP:

Como titor de 4º EP, espero que vos atopedes ben de saúde que é o máis importante.

Por outra banda, debo informar dun par de erros que hai na 2ª páxina das tarefas que leváchedes para este período de suspensión de clases. Como vedes, os erros están sinalados en vermello.

No luns 23 de marzo tería que poñer: LC -> Ej. 14, 15 (pag. 139).

No mércores 25 de marzo tería que poñer: CS -> Ex. 1, 3 (pag. 111).

Además, en la ficha de LC (pags 51 y 52) PODÉIS DEJAR el ej. 11 SIN HACER, porque habla de una lectura (Otra vez tarde) que no tenéis.

 

Para calquera dúbida, xa tedes a miña conta de correo electrónico.

Un saúdo e moito ánimo para todos. 

APRENDEMOS EN CASA en RTVE

Radio Televisión Española puxo en marcha, desde hoxe luns 23 de marzo, a iniciativa Aprendemos en casa que podedes ver en CLAN TV - La 2.

Trátase dunha ferramenta máis que as familias poden empregar nas súas casas durante este periodo de confinamento para que os nenos e nenas se manteñan activos e repasen contidos xa vistos durante o que levamos de curso e poidan iniciarse noutros temas que aínda temos que ver. 

Todos os vídeos pódense ver na seguinte páxina-web:

unprofesor.com

DÍA DA POESÍA

O Equipo da Biblioteca proponvos un traballiño (voluntario) para celebrar o Día da Poesía (21 de marzo). No vídeo tedes toda información ...  

Calquera dúbida que teñades podedes dirixila ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliotecacasasnovoa@gmail.com

CORREOS PARA CONTACTAR CO PROFESORADO

Adxuntamos un arquivo coas direccións de correo electrónico do profesorado para que poidades contactar se o precisades mentres dure o período de suspensión das clases.

Aproveito para lembrarvos que no bloque que vedes na parte superior dereita, chamado RECURSOS EDUCATIVOS, hai diferentes actividades organizadas por materias, cursos, editoriais ... para practicar en liña os diferentes contidos escolares de Infantil e Primaria.

BLOG DE 5º EP

Patricia, a titora de 5º EP, creou un blog para as nenas e nenos de 5º de Primaria.

O blog chámase:

 @s de quinto da Sionlla

Premede no enlace que está xusto enriba para entrar.

RTVE LANZA EDU CLAN

Radio Televisión Española lanzou recentemente EDU CLAN una ferramenta educativa organizada por idades con diferentes contidos de Ed. Infantil e Primaria. Premede aquí.

TAREFAS ESCOLARES PARA 3º EP

Estas son as tarefas escolares para 3º de Primaria para as dúas vindeiras semanas. Premede no arquivo axdunto para descargalo.

TAREFAS ESCOLARES PARA 6ºB

Estas son as tarefas escolares para 6ºB para as dúas vindeiras semanas. Premede no arquivo axdunto para descargalo.

MEDIDAS A ADOPTAR NO CENTRO EN RELACIÓN AO COVID-19

PREGAMOS PRESTEN ATENCIÓN AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Distribuir contido


by Dr. Radut