Skip to Content

O SAMAÍN

Algunhas das actividades de Samaín postas en marcha no centro a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca.

Agardamos que vos gusten.

MENÚ MES DE NOVEMBRO 2021

                             

SAMAÍN 2021

Estimadas familias,

Este curso con motivo da celebración do samaín no centro e tendo en conta a situción sanitaria actual, o claustro de profesorado acordou levar a cabo a proposta da seguinte actividade:

"Máscaras terroríficas", trátase de que aqueles nenos/as que así o desexen poidan traer da casa unha máscara cirúrxica  decorada coa temática do samaín , posteriormente estas máscaras serán expostas ao longo desta semana no centro. 

Tamén se informa de que o venres día 29 aqueles alumnos/as que así o desexen poderán vir ao centro disfrazados, sempre e cando non traian ningún accesorio que se poida compartir( escobas. tridentes, cadeas,,,)

Un saúdo. 

24 outubro: Día das Bibliotecas

Co motivo da celebración do Día das Bibliotecas, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras e abrimos o espazo da nosa biblioteca a todo o alumnado.

Pincha na imaxe para acceder ao blog.


MENÚ 2ª QUINCENA DE OUTUBRO

 

                     

MENÚ 1ª QUINCENA DE OUTUBRO

 

                          

Educación Viaria

O pasado luns 4 de outubro, o alumnado de 4º de Ed.Primaria tivo una visita á aula moi especial. Carlos, un policía local en Santiago de Compostela, explicoulles a importancia dunha boa educación viaria.

Tras unha pequena charla na aula, ensinoulles no patio moitas das súas ferramentas de traballo, e para finalizar a visita agasallou a cada neno/a con unha baralla de cartas para poñer en práctica o aprendido.

No seguinte enlace  podedes visualizar unha presentación con algunhas fotos.

CURSO 2021-2022

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO

Furabolos 2021

Xa está aquí unha nova edición da revista Furabolos!

Debido a problemas alleos ao centro, a revista non puido chegar ás vosas casas en formato impreso. Por tanto partillámola en formato dixital para que non quededes sen desfrutar dela.

Despedida 6º Primaria

Como cada ano toca despedir ao grupo de sexto de primaria, formado por 25 nenos e nenas que loitaron por superar un curso cheo de incertezas. Aquí queda un precioso vídeo que quixeron compartir con nós, elaborado pola súa titora, Patricia.

Afortunados e afortunadas nós, por ter a vosa amizade. 

Boa sorte!

Distribuir contido


by Dr. Radut