Skip to Content

PARA o DÍA DO LIBRO

Co mes de abril chega o mes dos libros. Este ano dende a biblioteca propoñemos tres actividades que podedes facer nas vosas casas e, despois, enviárnolas ao correo. O prazo de entrega remata o 17 de abril. 

Podedes escoller unha das que máis vos guste. Animádevos! Risa

INGLÉS

INGLÉS 

Estimadas familias

Tedes acceso aberto á páxina de Oxford, Online Learning Zone en www..oup.com/elt/oupeprimary.

Aquí @s nen@s poden atopar xogos adaptados á idade, contos e vídeos doutros métodos de Oxford.

Stay safe

TAREFAS PARA 6ºA

Estas son as tarefas que enviou Alba para os seus alumnos/as de 6º A. Premede nos arquivos que se adxuntan para descargalos. Para calquera dúbida contactade coa vosa titora.

TAREFAS DE RELIXIÓN PARA 6ºA e 6ºB EP

Mabel, a mestra de Relixión de 6º curso de Primaria, deixou unhas tarefas para os seus alumnos/as. Se queredes enviarllas ou poñervos en contacto con ela, podedes facelo ao seguinte enderezo de correo electrónico:

isabel.ferrolana3@gmail.com

TAREFAS PARA 6º B

Basi, titora de 6º B de Primaria, déixavos algo más de traballo para esta semana. Premede no arquivo adxunto para descargalo.

TAREFAS DE REPASO - 4º EP

Bo día a tod@s.

Aquí vos deixo algunhas tarefas de repaso para esta semana, consellos e indicacións do que tedes que facer. Premede nos arquivos adxuntos para descargalos.

Hai un par de cousiñas (2º borrador do traballo de Naturais e informe de Lingua Galega) que vos pido que me enviedes por correo electrónico. Non vos despistedes !!! Guiño

Penso que está todo ben explicado, pero se tedes algunha dúbida ou queredes comentar algo, contactade sen problema.

Un cordial saúdo e moito ánimo.

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

Atletismo Franciscanos Lugo: AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias:     

Esperamos que vos atopedes bede saúde, que nestes días é o máis importante.

Alén diso, ata o de agora algúns alumnos/as xa teñen contactado cos seus titores/as, pero outros aínda non o fixeron.

Tendo en conta que é posible que esta situación de confinamento se prolongue, sería convinte que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que aínda non contactara cos seus titores, o faga ao longo desta semana. Así poderemos facer un seguimento máis estreito das incidencias que vaian xurdindo.

Un saúdo

Act. interactivas para 3º - 4º - 5º - 6º EP

Aquí tedes algúns enlaces cos que poderedes realizar actividades en liña para repasar diferentes contidos de C. Naturais e C. Sociais da Ed. Primaria. Premede nos enlaces e seguro que pasaredes un rato ben entretido !!!Sorriso

  C. NATURAIS

       Músculos do corpo 1                               Músculos do corpo 2

       Ósos do corpo 1                                      Ósos do corpo 2

 C. SOCIAIS

       Ríos de España                                       Relevo de España

       Comunidades Autónomas                      Provincias de España

       Ríos de Galicia

TAREFAS PARA 1º e 2º EP

Pili e Manuel, titores de 1º e 2º de Primaria respectivamente enviaron uns enlaces duns cadernos da Ed. Santillana para que os seus alumnos poidan seguir traballando na casa mentres non se reanudan as clases.

A editorial recomenda abrir estes enlaces co explorador Google Chrome.

1º EP - Lengua Castellana                    2º EP - Lengua Castellana

1º EP - Lingua Galega                          2º EP - Lingua Galega

1º EP - Matemáticas                            2º EP - Matemáticas

CADERNO DE EXPERIMENTOS PARA PRIMARIA

Estudantes de Maxisterio da Universidade de Salamanca crearon uns libros nos que se recopilan experimentos para o alumnado de Primaria.

Poñemolos á vosa disposición por se queredes probar con algún dos que se propoñen para o voso curso de Primaria. Algúns deles xa os coñecedes e poden ser unha oportunidade para saír da rutina durante estes días. 

Premede nos arquivos adxuntos para descargalos.

Distribuir contido


by Dr. Radut