Skip to Content

NOVO AVISO IMPORTANTE

Atletismo Franciscanos Lugo: AVISO IMPORTANTE

                                                                         A Sionlla, 2 de abril de 2020

Estimadas familias: 

Informamos que a partir de agora, unha vez feitas as xestións pertinentes, e seguindo as pautas da Consellería de Educación, será posible que poidan instalar nos seus teléfonos abalarMobil, aplicación que permite ás familias acceder á información dos seus fill@s a través do móbil (cualificacións, faltas de asistencia, etc...).

Terán que instalar a aplicación no teléfono (descargándoa de App Store ou Google Play Store) de calquera dos proxenitores (pai, nai ou titor legal), dependendo do número ou números que figuren asociados á consulta telemática. 

 

Un saúdo.

                                                                                  O equipo directivo.

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

 

INFORMACIÓN EN RELACIÓN ÁS AXUDAS  PARA O COMEDOR ESCOLAR.

Ver arquivos anexos. 

PROPOSTA DE XORNADA MIXTA. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

Xúntase documentos enviados ás familias en relación á proposta dunha xornada lectiva mixta.

CALENDARIO 2012

Durante o primeiro trimestre deste curso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega promoveu, entre outras actividades, un concurso para escoller a mellor ilustración do calendario do ano 2012 que @s alumn@s levarán como agasallo navideño. E aquí temos á gañadora.

AND THE WINNER IS ... Miriam de 4º de Educación Primaria. Parabéns!!!!!

COMPOSTELA MÁXICA

O xoves 9 de xuño fomos a ver uns magos a "Compostela máxica".



Mira as fotos na galería.

EXCURSIÓN GRANXA DO TOXA

Os alumnos/as de educación infantil do cole foron de excursión á granxa escola do río Toxa, no concello de Silleda. Alí, fixeron pan, montaron a cabalo, plantaron leitubas, viron montón de animais e axudaron a coidalos. Pasárono xenial!! se queres ver as fotos preme aquí.

ABRIL, MES DO LIBRO


NO MES DE ABRIL O COLE CONMEMOROU A O LIBRO FACENDO DIVERSAS ACTIVIDADES:


Publicación dos dereitos a escoitar contos.


Os nenos/as máis vellos lémoslle contos aos nenos/as máis novos.


Os alumnos/as de 2º ciclo fomos á galería Sargadelos a un obradoiro de ilustración de libros.

ADMISIÓN DE ALUMNADO

 


Están todos admitidos.


Vaise crear outra unidade de infantil 3 anos.


Alumn@s admitidos 4º infantil.


Alumn@s en reserva 4º infantil.


Alumn@s admitidos en 5º infantil.


Alumn@s admitidos en 6º infantil.


Alumn@s adimitidos en 1º primaria.

Música, acción, cooperación.

Para ver a importancia da cooperación e colaboración entre compañeiros e amigos, viñeron ao centro un grupo que nos ensinou todo isto a través da música!! Mirade que vén o pasaron os rapaces!!

ENTROIDO

O cole da Sionlla celebrou un bo entroido!!


O tema principal foi o circo, os distintos cursos representaban a disfraces que teñen que ver co tema.


5º Músicos do circo     4º Os Picapedra     3 anos Homes Bala 

Distribuir contido


by Dr. Radut