A Sionlla, 2 de abril de 2020
Estimadas familias:
Informamos que a partir de agora, unha vez feitas as xestións pertinentes, e seguindo as pautas da Consellería de Educación, será posible que poidan instalar nos seus teléfonos abalarMobil, aplicación que permite ás familias acceder á información dos seus fill@s a través do móbil (cualificacións, faltas de asistencia, etc...).
Terán que instalar a aplicación no teléfono (descargándoa de App Store ou Google Play Store) de calquera dos proxenitores (pai, nai ou titor legal), dependendo do número ou números que figuren asociados á consulta telemática.
Un saúdo.
O equipo directivo.