Skip to Content

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

As actividades do Club de Lectura remataron por este curso, pero continuarán no próximo. Como non, quixeron despedirse cunha pequena festa. Podedes ver as fotos na galería.

VIAXE Á BAIONA

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de EP viaxaron ás Rías Baixas para visitar a vila de Baiona. Alí puideron coñecer esta cidade, estreitamente vinculada ao descubrimento de América, subir á réplica da carabela Pinta e coñecer a Fortaleza de Monterreal (Parador de Baiona). Pasárono xenial !!!

Premede na imaxe para ver as fotos na galería.

LETRAS GALEGAS 2014

O venres 16 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas 2014 en homenaxe a Xosé María Diaz Castro, cun festival no que todas as clases quixeron participar. Esperamos que disfrutedes do resultado. Premede nos enlaces para ver os vídeos.

TEATRO 4º EP - Romance do misterio da sopa (Adaptación)

ESCOLMA de POESÍAS   

AS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA

Na Biblioteca, os alumnos e alumnas de 6º EP crearon uns comics moi orixinais co gallo do Día das Letras Galegas. Premede nos enlaces para velos!!!

Homenaxe a Xosé María Díaz Castro

As Letras Galegas na Sionlla

De excursión

As linguas que falamos

VISITAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS MASIDE

Ao final do 2º trimestre visitamos, co alumnado de 3º e 4º de EP, a Exposición sobre o pintor Carlos Maside, que permanecerá aberta ao público ata o 30 de agosto no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Santiago. Carlos Maside, natural de Pontecesures, é recoñecido como un renovador do arte en Galicia. Premede na imaxe para ver as fotos na galería.

FEIRA DO LIBRO NA SIONLLA

Co gallo da festividade do Día do Libro fixemos una pequena feira para que os rapaces puidesen intercambiar os libros que tiñan na casa, sempre que estivesen en bo estado. Para facilitar o proceso acuñamos unha moeda propia, o dólar da Sionlla ou "sionllo" adicado ao poeta homenaxeado nas Letras Galegas de este ano, Xosé María Díaz Castro.

  

Daba gusto ver aos rapaces e rapazas ollando os seus libros novos. Foi todo un éxito!!!! Premede na foto para ver as imaxes na galería.

AULA DE CICLISMO CON LA VUELTA A ESPAÑA

LA VUELTA JUNIOR é unha iniciativa dirixida a escolares de 3º a 6º de EP. Gustavo Rodríguez, ex-ciclista profesional, falounos da seguridade vial na práctica do ciclismo. Despois o alumnado exhibiu a súa habilidade no manexo das bicis. Foi moi divertido!!! Como sempre, podedes ver as fotos na galería.

FACEMOS COMICS CON IVÁN SUÁREZ

O ilustrador Iván Suárez, autor do conto Palabra de crocodilo, ensinounos que facer un pequeno cómic é máis doado do que parece. Sobre todo se contamos con algo de axuda... Moitas grazas, Iván!!!

VISITOUNOS FINA CASALDERREY!!!

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey estivo de visita no noso cole. Falounos dos seus contos e das historias agochadas detrás deles. Podedes ver as fotos na galería. Estivo xenial!!!!

ENTROIDO 2014

Celebramos o desfile de Entroido no colexio. Houbo disfraces, máscaras e moita diversión. Para rematar, queimamos o meco. E para repoñer forzas ... que mellor que chocolate e sobremesas típicas de Entroido!!!!.

 Vídeo do Desfile de Entroido             Fotos na Galería

Distribuir contido


by Dr. Radut