Os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de Primaria viaxaron á cidade da Coruña para visitar o Domus e A Casa das Ciencias. Tiveron un día ben aproveitado!
Durante este curso as mestras de Educación Infantil decidimos poñer en marcha un taller de cociña co fin de desenvolver hábitos saudables de alimentación e hixiene, ademais de estes aspectos tan importantes na nosa vida cotiá pretendemos fomentar outros contidos tan importantes como o respecto e a colaboración.
Por problemas técnicos na xeración das listaxes non é posible a publicación das mesmas. Se nos informa que, “probablemente” ata o día 15 de xullo non estean as listaxes
NÚMERO DE SOLICITUDES :
- Solicitudes para 3º de E.P.: 16.
- Solicitudes para 5º de E.P.: 14.
EXISTENCIA DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE E.P.
Xúntase relación de libros e de solicitudes presentadas nos seguintes arquivos:
Para rematar o curso o alumnado de Ed. Infantil amosounos o seu talento artístico cunha exposición dos traballos realizados ao longo do curso. Por outra banda, os alumnos de 6º EP tamén amosaron a súa imaxinación e talento construindo uns instrumentos musicais moi orixinais. Premede aquí para ver as fotos na galería de imaxes.