Skip to Content

FIXEMOS O MAGOSTO!!!

Xa celebramos o Magosto, con cancións, debuxos, xogos e por suposto moitas castañas asadas. Que ricas estaban!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

EDUCACIÓN VIAL

No noso colexio tivemos a honra de recibir a Carlos, un axente da Policía Local do concello de Santiago. Carlos impartiu en 4º EP unha charla sobre Seguridade Vial con todo tipo de exemplos e consellos útiles... Agora evitar os accidentes depende de nós.

 

PITUSA SEMIFUSA

Os nenos e nenas de Ed. Infantil asistiron ao espectáculo lúdico-musical de Pitusa Semifusa no Auditorio. Toda unha experiencia!!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

FESTA DE SAMAÍN!!!

Celebramos o Samaín, con disfraces terroríficos, cabazas arrepiantes, pantasmas, debuxos, cancións, e moita diversión.

GALERÍA DE FOTOS

O MAGO TETO

Visitounos o Mago Teto para presentarnos o seu novo espectáculo As novas tolemaxias. Fíxonos pasar un rato moi divertido. 

FOTOS NA GALERÍA

O PAÍS DA BANDA, UN CONTO MUSICAL

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, asistiron ao espectáculo O país da banda, un conto musical coa Banda Municipal e Paula Carballeira.

FOTOS NA GALERÍA

REUNIÓN PARA FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

Lémbrase que o vindeiro xoves día 8 de Setembro ás 10:30 horas levarase a cabo no centro unha reunión informativa destinada ás familias do alumnado de  3 anos que se matricularon para este curso 2016/2017

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

                                                                     A Sionlla, 12 de Xullo de 2016

Listaxes publicadas no taboleiro do centro:

LIBROS DE TEXTO 2016-2017

Libros de texto para o vindeiro curso 2016/2017:

 

                              

VISITAMOS A CORUÑA - 3º e 4º EP

Os cursos 3º e 4º de Primaria fixemos o pasado 10 de xuño unha viaxe á cidade da Coruña. Tivemos unha axenda ben apretada: Aquarium Finisterrae, paseo ata a Torre de Hércules e Museo DOMUS. Que boa maneira de rematar o curso!!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut