Skip to Content

CURTAMETRAXE 6º EP

Os alumn@s de 6º EP, coa inestimable colaboración do mestre de Ed. Musical, Manuel del Rey, fixeron unha curtametraxe sobre a coñecida obra de Carlos Casares A galiña azul. Premede na imaxe para ver o vídeo.

EXCURSIÓN A RIANXO - 1º & 2º EP

O pasado 31 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria visitaron o Parque Multiaventura Camping de Rianxo. Alí estiveron na praia e fixeron diversos xogos de aventura e actividades. Pasárono en grande!!!! Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

FERVENZAventura - Ed. Infantil

O pasado 22 de maio, os alumn@s de Ed. Infantil foron de excursión de fin de curso a FERVENZAventura (Silleda). Tiveron diversos obradoiros : fixeron pan, plantaron leitugas e viron animais de granxa. Foi un día xenial Risa 

VER FOTOS NA GALERÍA

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

No CEIP Arquitecto Casas Novoa, celebramos o Día das Letras Galegas 2017 honrando ao escritor Carlos Casares. Fixemos diversas actividades nas titorías de Ed. Infantil e Primaria sobre a figura e os textos do homenaxeado. Ademais, o 19 de maio celebramos un festival para todo o alumnado. Premede nos enlaces para ver os vídeos.

5º EI - 1º EP - 2º EP ---- A galiña azul.

4º EI - 6º EP ---- A formiga esquiadora.

6º EI - 1º EP ---- A bomba da felicidade.

3º- 4º- 5º EP ---- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

CONTACONTOS - 1º & 2º EP

Os alumnos de 1º e 2º EP asistiron a unha sesión de contacontos na Fundación Sargadelos. Son actividades realizadas co gallo da XVII Campaña de Animación a Lectura, posta en marcha polo Concello de Santiago coa colaboración da Ed. Kalandraka.

VER FOTOS NA GALERÍA

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN - 4º EP

O alumnado de 4º EP participou, a pasada semana, nun Obradoiro de Ilustración, no marco das actividades da XVII Campaña de Animación á Lectura. A devandita campaña foi promovida polo Concello de Santiago de Compostela coa colaboración da Ed. Kalandraka e a Fundación Sargadelos. Os nenos e nenas decoraron postais empregando diversas técnicas e materiais. 

VER FOTOS NA GALERÍA

VISITA AO GROVE

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitaron a vila pontevedresa de O Grove. A primeira parada foi no Acuario, onde puideron observar peixes das nosas costas, tartarugas disecadas, esqueletos de baleas etc. Despois, visitaron o Museo de Salazón, onde lles falaron do proceso da salazon das sardiñas, ademais dos aparellos empregados na pesca e marisqueo da zona. Finalmente, pola tarde embarcaron no porto nun catamarán de visión submariña no que puideron ver os peixes das augas próximas á vila. O que se di un día completiño.Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

CONTACONTOS

Recentemente, a editorial Kalandraka enviounos un contacontos que nos falou de Carlos Casares, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, e fixo as delicias do alumnado de Infantil e Primaria.

DÍA DO LIBRO

O pasado luns 24 de abril celebramos no noso colexio o Día do Libro. Como xa é tradicional organizamos un mercado de libros usados para darlles unha nova vida e tamén para que o alumnado puidera desfrutar das novas aventuras que agochan.

VER FOTOS NA GALERÍA

AQUALOGÍA

Os alumnos de 3º EP tiveron a oportunidade de aprender unha chea de cousas sobre a auga que chega aos nosos fogares, nunha actividade desenvolvida pola empresa ViAQUA.

Distribuir contido


by Dr. Radut