Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitaron a vila pontevedresa de O Grove. A primeira parada foi no Acuario, onde puideron observar peixes das nosas costas, tartarugas disecadas, esqueletos de baleas etc. Despois, visitaron o Museo de Salazón, onde lles falaron do proceso da salazon das sardiñas, ademais dos aparellos empregados na pesca e marisqueo da zona. Finalmente, pola tarde embarcaron no porto nun catamarán de visión submariña no que puideron ver os peixes das augas próximas á vila. O que se di un día completiño.