Este 23 de abril celebramos o Día do Libro. A UNESCO escolleu esta data porque tal día coma ese no ano 1616 coincidiu o falecemento de tres figuras literarias sen parangón: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.
O día 24 de febreiro conmemoramos o aniversario do nacemento dunha das figuras senlleiras da literatura galega: Rosalía de Castro. Pronto poñeremos as fotos na galería.
O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, conmemorando o sextuagésimo quinto aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Pasámolo en grande!!!. Os nenos e nenas leron un "Decálogo para medrar en paz". O alumnado de EI recitou un poema e logo rematamos con moito "ritmo" coa canción "La muralla". Xa están as imaxes na galería.