« Xullo 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

EDLG

Actividades propostas polo ENDL.

QUEN LEVOU A LÚA?

 

Temos o pracer de comunicarvos que a nosa curtametraxe é a gañadora do CERTAME "NÓS TAMÉN CREAMOS" na categoría de 1ºCICLO.

O detonante para realizala foi a convocatoria do certame pero gañouse moito máis no camiño.

Traballamos durante meses con moito entusiasmo e adquirimos aprendizaxes que perduraran no alumnado e profesorado máis tempo que o premio:

  • Creación dunha curtametraxe de animación coa técnica do STOP-MOTION.
  • Valorar a literatura e as persoas que interveñen nela.
  • Comprender a transición da linguaxe escrita á musical e audiovisual.
  • Desenvolver a visión plástica, creación de personaxes, análise do movemento, escenografía e música.
  • Recoñecer e crear un guión gráfico, análise dos tempos-escena-planos e a relación entre o tempo-movemento e fotograma.

Compartimos tamén o  COMO SE FIXO... que é a fiel testemuña desta aventura!

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS - AMADRIÑAMENTO EVA MEJUTO

 

Xa podemos gozar dos dous eventos máis importantes do mes de MAIO.

Deixámosvos a ligazón á lista de reprodución do FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

e outra lista para o acto de AMADRIÑAMENTO DA AULA DE 1ºEP pola escritora

EVA MEJUTO. Foron dous festivais emocionantes! Parabéns polo voso traballo!

Rosalía 2024

Un ano máis participamos na proposta daAsociación de escritoras e escritores en lingua galega- no día de Rosalía de Castro.

Nesta ocasión o alumnado de 3º a 6º de EP lembra a Rosalía co seu poema máis emblemático:

 "Adiós ríos, adiós fontes" que é a despedida dun home que ten que deixar o lugar onde naceu para procurar traballo lonxe. A persoa que se expresa neses versos é consciente de que probabelmente non poida voltar nunca ao seu país e que vai ter difícil comunicarse de novo cos seus seres queridos: é unha despedida para sempre. Rosalía quixo, a través de poemas coma ese, que se falase de problemas que afectaba a moitas galegas e moitos galegos sen poder e sen diñeiro