« Outubro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

EDLG

Actividades propostas polo ENDL.

NÓS TAMÉN CREAMOS1

Estamos de noraboa! Este ano a nosa curta "A min non me comas" gañou o certame de NÓS TAMÉN CREAMOS! Grazas ao esforzo e ilusión do alumnado de 4º e o equipo de profesorado Iago Castiñeiras, Ana Penín e Ana Domínguez.

http://www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos

 

CURTA ANIMACIÓN 2015 - 4º PRIMARIA

Un ano máis participamos no proxecto "Nós tamén creamos" de OQO e a TVG. Este ano foi o alumnado de 4º de primaria quen realizou a curta adaptando o conto "A min non me comas". Xa podedes visualizala neste enlace.

 

Festival Letras Galegas 2014

Aquí temos as fotos do festival. Foi estupendo!. Noraboa a todos e todas.

CARTEIS

Coma cada ano, participamos na iniciativa que promove a coordinadora de EDL do Val Miñor que reúne carteis elaborados polo alumnado de educación infantil e primaria da maioría dos centros da comarca . Ata o vindeiro venres 23 de Maio, podedes visitar a exposicións de carteis no centro comercial da Ramallosa, nesta ocasión adicados a publicidade en galego e cheos de chispa e talento.

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO

Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Xosé Mª Díaz Castro e para que saibades algo máis del, deixámosvos un díptico do Seminario Galán que nos conta un pouquiño da súa vida. (Picade na foto para poder lelo)

Tamén vos deixamos uns enlaces moi interesantes que podedes visitar:

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

 

O PAN DE LANDRA

Continuando coas actividades do proxecto da agricultura familiar, nesta semana tivemos unha actividade moi interesante.

Hugo, Borja e Raquel de 2ºB, nos explican en que consistiu a visita de César Lema e Patricia.

  

ENTROIDO

Xa está aquí o entroido.

Se queredes saber máis sobre esta celebración popular, aquí tedes información moi interesante.

E para ver as fotos do noso "Entroido da horta", xa sabedes o que tedes que facer. Que ben o pasamos!

     
Infantil 1º ciclo 2º ciclo 3º ciclo

DÍA DE ROSALÍA. 24 de febreiro de 2014

Para celebrar que, como cada 24 de febreiro, celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, seguindo a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, nesta ocasión fixemos un mural nunha parede do patio cuberto. Preparamos tamén unha das súa poesías, á que puxemos música. Neste vídeo, está o resultado deste traballo.

 

 

 

Se queredes ver nenas e nenos dun colexio irlandés recitando a Rosalía, facede click neste enlace.

 

PROXECTO "A HORTA FAMILIAR"

Este curso, traballaremos desde o colexio un proxecto titulado "A horta familiar".

O xoves, día 5 de decembro, tivo lugar a presentación para o alumnado dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. A "profe" Ana Domínguez explicounos cousas moi interesantes, e a continuación Xurxo Mouriño profundizou máis no tema da agricultura ecolóxica. Agora xa sabemos a diferenza entre agricultura industrial e agricultura familiar, entendemos que é o desenvolvemento sostible, comprendemos a importancia de establecer un calendario de cultivos para non agotar a terra, clasificamos os cultivos segundo comamos o froito, a folla ou a raíz... e moitas cousas máis. E iso que isto non fixo máis que empezar!

A terra proporciónanos a base da nosa enerxía: sen os produtos agrícolas, non poderiamos medrar, nin pensar, nin correr... Por iso debemos amar a terra, coidala, protexela e aprender a cultivala de xeito sostible.

Logo, saímos ao patio cuberto para plantar en botellas sementes e bulbos: macela, fressias, crocus, capucina, nébeda, caléndula e pirixel. Máis adiante, faremos con todas elas un xardín vertical. 


FORMULARIO PARA O ALUMNADO DO 2º E 3º CICLO

15 concurso "Cartel e Lema". Traballos seleccionados.

Este ano, para que todas as familias da nosa comunidade escolar, poidades participar na selección dos carteis gañadores, preparamos un formulario de votación. cada persoa pode votar unha única vez, e debedes facelo antes do mércores, día 12.

Grazas pola vosa participación!