Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Entre os sabores agridoces dos finais de curso está a despedida do alumnado de 6ºEP, toca pechar unha etapa, despedir e desexar o mellor a estes nenos e nenas que compartiron vida con nós, dicirlles que o Carlos Casares sempre será seu, comezar a botal@s de menos ao pasar por el@s nos corredores, facel@s protagonistas en cada instante, esgotal@s, apurando apertas e olladas.
Neste 2020 toca facelo doutro xeito, e xa é hora de comezar, alá vai a nosa primeira homenaxe ao alumnado de 6º, haberá máis!!! QUERÉMOSVOS!!
Desexando vervos de novo e, mentres tanto, deixámosvos este agasallo cheiño de agarimo.
En pleno outono, o CEIP Carlos Casares encheuse de vida.
Celebramos o Samaín e o punto de partida do noso proxecto de cine, visualizamos unha curtametraxe de animación dos inicios de Walt Disney
"Skeleton Dance” e o alumnado de 6º de EP, nos deixou pegados a cadeira coa súa actuación.
Desde o inicio do curso, nun recuncho de ximnasio, foron aparecendo os XOGOS DE PATIO.
De agora en diante na hora do recreo, o alumnado de 1º a 6º de EP poderá recoller co seu carné o xogo que máis lle guste e
compartilo cos seus compañeiros e compañeiras.
Ó fío dos xogos de patio, veu visitarnos Simbas o avó de Ana Piñeiro de 5ºEP e deixounos un tesouro...
Se queredes saber qué é, teredes que ver o vídeo.
FELICES XOGOS!
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!