« Novembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

EA Complementarias

Actividades propostas polo EACE

Día da Paz

Día da Paz Escolar

 

Na celebración do día da Paz,o equipo de actividades complementarias en

colaboración co resto do profesorado e alumnado, quixeron darlle un

toque de sabor á paz facendo unha gran pota con alimentos moi moi

especiais para a vida

 

O mellor caldo da vida  

Un recordo moi lindo.

 

XOGOS DE PATIO

Desde o inicio do curso, nun recuncho de ximnasio, foron aparecendo os XOGOS DE PATIO.

De agora en diante na hora do recreo, o alumnado de 1º a 6º de EP poderá recoller co seu carné o xogo que máis lle guste e

compartilo cos seus compañeiros e compañeiras.

Ó fío dos xogos de patio, veu visitarnos Simbas o avó de Ana  Piñeiro de 5ºEP e deixounos un tesouro...

Se queredes saber qué é, teredes que ver o vídeo.

 FELICES XOGOS!

 

Nos petróglifos do Outeiro dos Lameiros

O pasado 5 de xuño, realizamos unha visita a un auténtico Museo ao aire libre: o Outeiro dos Lameiros. Cando a luz do sol marcha, é cando se poden admirar estasauténticas obras de arte realizadas hai aproximadamente 4.000 anos por homes e mulleres que habitaron nesta zona e que quixeron deixar na pedra unha pegada imborrable.

Grazas ao Instituto de Estudos Miñoranos, pois sen as explicacións e guía de Xosé Lois Vilar, Bruno Centelles e Xilberte Manso non teriamos gozado tanto desta visita.

Aquí tedes unhas imaxes desa noite.

 

Guía de libros Xuño 2015

O equipo de biblioteca,

recoméndavos para este verán

libros

moi refrescantes...

Día do libro

Para celebrar o Día do Libro, temos previstas unhas actividades que iremos levando a cabo nestes días. 

Hoxe, deixámosvos unha guía de lectura moi especial, con libros nos que Nigrán é o protagonista. Agardamos que a disfrutedes!

 

DÍA DO LIBRO 2014

 Un ano máis, conmemoramos no colexio o Día do Libro. Tivemos o placer de compartir a ilusión de escoller libros, de preparar as lecturas, a emoción de ler para outros...; nos corredores, na biblioteca, no comedor, nos recunchos que quixemos... sentámonos e limos. Esta actividade fixémola o día 24, pois o propio 23 os grupos de 1º de primaria e de 6º de infantil foron a Gondomar para participar nas actividades organizadas por Espazo Lectura: un contacontos e o concerto da cantante Uxía, poñendo música a poemas de Rosalía de Castro. 

 Compartindo lecturas, entre nós, no colexio

 Con Uxía Senlle e "Espazo Lectura", en Gondomar

CHRISTMAS CAROL

As TEACHERS  Marga Mouriño e Ana Fajo, déixanvos o

CHRISTMAS do Nadal para @s que queirades ensaiar na casa.

 

Practicade moito, que leva sorpresa!

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES

 

NON SON CIFRAS, SON VIDAS

 

Estatísticas, cifras que nos falan de agresións, de violacións, de mutilacións, de asasinatos, que nos fan un mapa da situación de discriminación que seguen padecendo as mulleres en todo o mundo.

Pero non podemos esquecer a realidade que esconde cada número, cada dato. Non podemos esquecer que detrás de cada un hai un nome, unha historia, uns soños, unha vida.

Hoxe e todos os días do ano seguimos unidas nun só berro contra a violencia machista. Porque non soncifras, son vidas!

                                                    Fragmento do Manifesto do 25 de novembro de 2013

VÍDEOS PARA REFLEXIONAR