Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Ollo con Nigrán é un certame organizado polo Teatro do ar e a Coopertaiva Somos Terra para potenciar a creación artística en lingua galega, divulgar a gran riqueza natural do noso municipio e facernos reflexionar sobre a importancia de coidala. O prazo remata o 5 de marzo. Premede nos adxuntos para ver a información. Saúdos.
Desexando vervos de novo e, mentres tanto, deixámosvos este agasallo cheiño de agarimo.
Chegou o remate do curso 2016-2017 e como despedida queremos compartir convosco un resumo das actividades que realizamos o redor do proxecto anual de centro "Alimentación Positiva".
Por outra banda, deixámosvos unha ligazón ao texto que Marina Vidal, titora de 3º, escribiu para "Cartas ó director" do Faro de Vigo e que ten moito que ver con todas as persoas que convivimos no Carlos Casares. O noso máis sincero agradecemento.
Trouleade e descansade moito no verán, o tedes ben merecido!!!
Saudiña e que cante o merlo!
Aquí deixámosvos o vídeo coa canción de inglés para ensaiar!
Ánimo, xa queda pouco para a gravación!!!
Esta é a ligazón da canción en inglés ,"Let it snow" de Michael Bubble, para cantar tod@s ao
rematar o "Festival de Nadal"
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!