« Agosto 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

EDLG

Actividades propostas polo ENDL.

CURTA " A NOITE DAS MUDANZAS"

Por fin, xa temos aquí a curta que fixeron os nenos e nenas de 2ºA do libro de OQO titulado " A NOITE DAS MUDANZAS". Na páxina NÓS TAMÉN CREAMOS da CRTVG podedes ver as demais curtas que participan no concurso e , por suposto, valoralas (sobre todo a nosa a ver se gañamos).

10 DE MARZO DE 2013: RECORDANDO A CARLOS CASARES

Aquí tedes un pequeno homenaxe que facemos desde o cole a Carlos Casares, esperamos que vos guste.


CALIGRAMAS

Aquí temos os caligramas feitos polos nenos do 1º e 2º ciclo do cole e a verdade é que quedaron preciosos. Botádelle un vistazo.



ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES

O vindeiro domingo 24 de febreiro é o día no que se conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º do cole fixeron un traballo moi fermoso co poema "Adios ríos, adios fontes" do libro Cantares Gallegos e que esperamos que vos guste.

Para ver o vídeo picade no título do poema

ROSALÍA DE CASTRO

Como sabemos, o 24 de febreiro é o día en que celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Aquí vous deixamos uns dípticos e un libriño con información sobre a súa vida e obra e tamén alguns dos seus poemas.

 

Para miralos picade nas imaxes.


 



Documentos sobre o Nadal

Desde o equipo de normalización lingüística do "cole" creamos un par de documentos para saber máis sobre o Nadal: 

personaxes míticos tradicionais (o Apalpador galego e outros)

e orixe da tradición dos reis Magos.

Coma sempre, se queredes lelos só tedes que premer.

Boas festas!

O GALEGO SERVE

NO CEIP CARLOS CASARES FOMENTAMOS O USO DO GALEGO. PREME NO CARRABOUXO PARA MÁIS INFORMACIÓN.

 

 

 

 

PARA TER MÁIS INFORMACIÓN...

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2009

Un ano máis, profesorado e alumnado preparamos

unhas actividades para representar diante das familias.

A través delas queremos enfrontarnos a actuar diante dun público,

aprender o difícil e gratificante que resulta traballar en equipo

e -ademais- renderlle unha homenaxe á lingua galega.

Actuacións de ed. infantil

Actuacións de 1º, 2º e 3º

Actuacións de 4º, 5º e 6º