« Agosto 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

EDLG

Actividades propostas polo ENDL.

DÍA DE ROSALÍA

Aquí vos deixamos a ligazón da lista de reprodución dos vídeos do colexio sobre Rosalía e algunha selección máis.

 

EXPOSICIÓN "O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO. A COLECCIÓN DE CARLOS CASARES"

 

               CEIP CARLOS CASARES- NIGRÁN

Prezadas familias do Carlos Casares:

Neste ano que acaba de comezar, temos moito que celebrar.

Estamos de en hora boa, o autor das Letras Galegas 2017 é Carlos Casares. Imos comezar o ano como el se merece, con dous eventos moi significativos no mes de febreiro:

Do 1 ao 24 de febreiro albergaremos a exposición "O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares".

A Fundación Carlos Casares achéganos nesta exposición unha recompilación de obxectos e manuscritos do autor, relacionados co seu afán coleccionista e a paixón que sentía  pola obra "O Principiño" de Saint-Exupéry. Obra que el mesmo traduciu ao galego  no 1972.

Trátase dunha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint- Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo... Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

Dita exposición estará aberta as familias e ao público en xeral, todos os días da semana (excepto o martes 21 de febreiro) de 11:45 a 12:15h e os martes á tarde de 17:15 a 18:15.

Desde o centro facemos extensivo o convite a todos os centros educativos do Val Miñor e gustaríanos que, desde as vosas casas, puiderades participar aportando algún exemplar propio do libro ou obxecto relacionado. A idea é a de acompañar á colección ao xeito máis casariano," A Nosa Colección".

Podedes enviar os vosos libros ou obxectos polos vosos fillas e fillos debidamente etiquetados co nome e o curso.

O 21 de Febreiro, realizarase no colexio o acto de presentación do espazo web "Primavera das Letras" a cargo da RAG (Real Academia Galega) un espazo didáctico  sobre o autor enfocado ao alumnado.

A RAG seleccionou o noso centro como escenario por levar o seu nome e ter ademais o privilexio de estar situado no lugar onde Carlos Casares viviu desde finais dos anos setenta ata o 2002, data na que faleceu

A Galiña Azul, EDLG.                                                                                                  Vilariño, 2 de febreiro de 2017

 

 

 

 

A MIN NON ME COMAS

O alumnado que este ano está en 6º fai dous anos fíxonos tremor de medo con esta curta. Quen se atreve a vela outra vez?

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-min-non-me-comas-ceip-carlos-casares

ACTO DE APADRIÑAMENTO: FRAN ALONSO

O 19 de Maio recibimos na escola a Fran Alonso, o padriño de aula de 4ºEP,  no marco do proxecto de biblioteca e ENLG que pretende poñer en valor ós autores e autoras da literatura infantil galega.  

O alumnado de 4º realizou a presentación, nun acto no que participamos todos e todas cos traballos realizados ao redor da obra de Fran Alonso.

 Aquí vos deixamos dous dos traballos audiovisuais, pronto subiremos un vídeo coas fotografías do acto no que houbo moito máis...

VÍDEOS XORNADA PORTAS ABERTAS

Aquí tedes os vídeos realizados este curso para o proxecto de cine "3, 2, 1...acción!". O vídeo de 1º e 2º non o podemos engadir, xa que nolo bloquearon por dereitos audiovisuais pero enviarémolo ás familias ao final de curso.

 

1 MINUTO

No marco do proxecto anual de centro, “3,2,1 ACCIÓN” gustaríanos contar coa vosa colaboración na seguinte actividade enfocada ás familias.

A proposta trata de que gravedes un minuto de vídeo co fin de xuntalos e montar unha película entre tod@s na que @s protagonistas sexades vós.

A actividade  está inspirada na idea orixinal da directora  Isabel Coixet "SPAIN IN A DAY", e na película " LIVE IN A DAY" producida por  Ridley Scott e dirixida por  Kevin Macdonald.

 

Podedes  achegarnos o vosos vídeo polas seguintes canles:

CORREO ELECTRÓNICO- ceipcarloscasares@gmail.com

TELÉFONO MÓBIL-vía WhatsApp ao 646345156.

CHAVE USB- na secretaría do centro.

Antes de gravar os vosos vídeos, lede atentamente as seguintes bases: