« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

EXPOSICIÓN "O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO. A COLECCIÓN DE CARLOS CASARES"

 

               CEIP CARLOS CASARES- NIGRÁN

Prezadas familias do Carlos Casares:

Neste ano que acaba de comezar, temos moito que celebrar.

Estamos de en hora boa, o autor das Letras Galegas 2017 é Carlos Casares. Imos comezar o ano como el se merece, con dous eventos moi significativos no mes de febreiro:

Do 1 ao 24 de febreiro albergaremos a exposición "O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares".

A Fundación Carlos Casares achéganos nesta exposición unha recompilación de obxectos e manuscritos do autor, relacionados co seu afán coleccionista e a paixón que sentía  pola obra "O Principiño" de Saint-Exupéry. Obra que el mesmo traduciu ao galego  no 1972.

Trátase dunha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint- Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo... Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

Dita exposición estará aberta as familias e ao público en xeral, todos os días da semana (excepto o martes 21 de febreiro) de 11:45 a 12:15h e os martes á tarde de 17:15 a 18:15.

Desde o centro facemos extensivo o convite a todos os centros educativos do Val Miñor e gustaríanos que, desde as vosas casas, puiderades participar aportando algún exemplar propio do libro ou obxecto relacionado. A idea é a de acompañar á colección ao xeito máis casariano," A Nosa Colección".

Podedes enviar os vosos libros ou obxectos polos vosos fillas e fillos debidamente etiquetados co nome e o curso.

O 21 de Febreiro, realizarase no colexio o acto de presentación do espazo web "Primavera das Letras" a cargo da RAG (Real Academia Galega) un espazo didáctico  sobre o autor enfocado ao alumnado.

A RAG seleccionou o noso centro como escenario por levar o seu nome e ter ademais o privilexio de estar situado no lugar onde Carlos Casares viviu desde finais dos anos setenta ata o 2002, data na que faleceu

A Galiña Azul, EDLG.                                                                                                  Vilariño, 2 de febreiro de 2017