QUEN LEVOU A LÚA?

 

Temos o pracer de comunicarvos que a nosa curtametraxe é a gañadora do CERTAME "NÓS TAMÉN CREAMOS" na categoría de 1ºCICLO.

O detonante para realizala foi a convocatoria do certame pero gañouse moito máis no camiño.

Traballamos durante meses con moito entusiasmo e adquirimos aprendizaxes que perduraran no alumnado e profesorado máis tempo que o premio:

  • Creación dunha curtametraxe de animación coa técnica do STOP-MOTION.
  • Valorar a literatura e as persoas que interveñen nela.
  • Comprender a transición da linguaxe escrita á musical e audiovisual.
  • Desenvolver a visión plástica, creación de personaxes, análise do movemento, escenografía e música.
  • Recoñecer e crear un guión gráfico, análise dos tempos-escena-planos e a relación entre o tempo-movemento e fotograma.

Compartimos tamén o  COMO SE FIXO... que é a fiel testemuña desta aventura!