Skip to Content

Axudas para apoio educativo 2016-2017

[Actualización] A data límite para facer as solicitudes ampliouse ata o 6 de outubro.

O Ministerio de Educación vén de convocar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Reunións de inicio de curso coas familias

O día 8 de setembro celebraranse as reunións de inicio de curso coas familias do alumnado de 4º de Infantil (tres anos), 5º de Infantil (catro anos) e 1º de Primaria. O horario será o seguinte:

 

4º de Infantil: 12:00.

1º de Primaria: 11:00.

5º de Infantil: 10:00.

 

Todas elas terán lugar na sala de usos múltiples.

As reunións do resto dos grupos iranse publicando nos próximos días.

 

Listado de libros para o curso 2016-2017

Este é o listado de libros para o curso 2016-2017.

Matrícula de novo alumnado para o curso 2016-2017

Matrícula para alumnado novo: Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2016-2017 foi admitido. O alumnado que xa cursou estudos no actual curso non ten que facer este trámite.

Informacións para o final de curso

Devolución dos libros de texto

O alumnado debe devolver antes do 20 de xuño os libros de texto que lles foron entregados a inicios de curso (no caso de 3º e 5º) ou os que foron adquiridos co vale (alumnado de 4º e 6º).  As familias tamén poden doar os libros non adquiridos co vale, que pasarán a formar parte do fondo de material deste colexio. 

 

Reunión coas familias do alumnado de 3 anos

Está convocada unha reunión coas familias do alumnado de tres anos que se vai incorporar a este centro en 4º de Educación Infantil o próximo curso 2016-2017.

A reunión terá lugar o xoves 30 de xuño, ás 10 da mañá na aula de usos múltiples do colexio.

Os temas que se tratarán na xuntanza son:

Solicitude de cambio de Relixión a Valores Cívicos ou viceversa

O cambio de Relixión a Valores Cívicos (ou viceversa) para o curso que vén debe ser solicitado antes do 1 de xullo.

Uso excepcional do transporte escolar

O alumnado que resida a unha distancia de entre un e dous quilómetros do colexio pode solicitar o servizo de transporte escolar, sempre que haxa prazas libres nos autobuses.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut