O alumnado que resida a unha distancia de entre un e dous quilómetros do colexio pode solicitar o servizo de transporte escolar, sempre que haxa prazas libres nos autobuses.
Este servizo excepcional poderase solicitar ata o 1 de xullo tendo en conta as seguintes condicións:
- Non se realizarán novas paradas nin desvíos na ruta dos autobuses.
- A solicitude farase con carácter anual.
- Se houbese máis solicitudes que prazas, o centro requirirá a documentación necesaria para que o Consello Escolar decida que alumnado poderá acceder ao servizo.
Para descargar o modelo de solicitude, prema aquí. Debe presentarse na secretaría do centro de 13:40 a 14:30 horas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
2016-2017 - Transporte escolar.pdf | 99.63 KB |