Hoxe, como fin de peche do curso e de despedida d@s nos@s compañeir@s e profes, o alumnado do centro e o persoal docente puidemos desfrutar ao longo da mañá de distintas actividades organizadas pola nosa ANPA "O Futuro".
Grandes e pequenos puidemos achegarnos ao mundo da maxia da man do Ilusionista Álex, que ademáis de divertirnos moitísimo, deixounos coa boca aberta durante todos os seus pases.
Ademais, desfrutamos ao grande coas sesións de coreografía e acompañamento musical da fantástica DJ Patri, que non nos permitiu nin un só momento de aburrimento nesta tan especial xornada.
Por último, queremos agradecer de novo todo o esforzo, traballo e tempo da nosa ANPA, por lograr facer deste, un día de entusiasmo e ilusión para o noso alumnado.
Sen máis, o claustro de mestres e mestras queremos desexarvos a todos e todas que pasedes
MOI FELIZ VERÁN!!!!
Anexo | Tamaño |
---|---|
IMG-20220622-WA0019.jpg | 268.84 KB |
IMG-20220622-WA0018.jpg | 187.2 KB |
IMG-20220622-WA0017.jpg | 139.44 KB |
IMG-20220622-WA0016.jpg | 174.48 KB |
IMG-20220622-WA0015.jpg | 140.7 KB |
IMG-20220622-WA0014.jpg | 194.35 KB |
IMG_20220622_133512.jpg | 1.05 MB |
IMG_20220622_133448.jpg | 1018.46 KB |
IMG_20220622_093545.jpg | 1.19 MB |
trim.7D153034-1CD3-4E2B-8210-CA3E7C7BE791 - Compressed with FlexClip.mp4 | 152.35 MB |