Skip to Content

Campaña de recollida de roupa

A Fundación GLORR está levando a cabo unha campaña de recollida de roupa de segunda man, calzado, mantas, etc., tanto infantil como de persoas adultas. A fundación informa no seu sitio web que a roupa será destinada a familias en exclusión residentes en España. 

A data de peche da campaña é o día 26 de outubro. O lugar para depositar as bolsas é a entrada da sala de usos múltiples.

Consellos sobre tecnoloxía para as familias do alumnado

A tecnoloxía está presente na vida adulta e na dos nenos e nenas. En moitas ocasións, cativos e maiores aprenden a manexarse coa tecnoloxía ao mesmo tempo, e ás veces as normas de comportamento e os modelos positivos son difíciles de aplicar nestes novos terreos.

O tempo de uso
É importante que os aparatos tecnolóxicos teñan o seu tempo adecuado, e que non llo roube a outros aspectos importantes da vida: xogo, lectura, paseos, conversas co resto da familia...

Axudas para material escolar

A Consellería de Educación vén de convocar axudas para a adquisición de material escolar. A presentación das solicitudes debe facerse antes do 1 de outubro na secretaría do colexio, con horario de 13 a 14 horas ata o 9 de setembro, e de 13:45 a 14:30 horas a partir do 10 de setembro.

Reunións das familias dos grupos de 3 anos e 1º de Primaria

A reunión de principio de curso coas familias do alumnado terán lugar o martes 8 de setembro, cos seguintes horarios:

Axudas para apoio educativo 2015-2016

O Ministerio de Educación vén de convocar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. A convocatoria pode verse aquí; o impreso de solicitude pode verse no sitio web do Ministerio ou, se desexa cumprimentalo en papel, pode descargarse aquí.

Listado de libros para o curso 2015-2016

Este é o listado de libros para o curso 2015-2016. Se prefire, pode descargar o listado completo nun arquivo máis conveniente aquí.

Reunión coas familias do alumnado de 3 anos

Está convocada unha reunión coas familias do alumnado de tres anos que se vai incorporar a este centro en 4º de Educación Infantil o próximo curso 2015-2016.

A reunión terá lugar o martes 30 de xuño, ás 10 da mañá na aula de usos múltiples do colexio.

 

Solicitude de cambio de Relixión a Atención Educativa ou viceversa

O cambio de Relixión a Atención Educativa (ou viceversa) para o curso que vén debe ser solicitado antes do 1 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut