Skip to Content

Uso excepcional do transporte escolar

O alumnado que resida a unha distancia de entre un e dous quilómetros do colexio pode solicitar o servizo de transporte escolar, sempre que haxa prazas libres nos autobuses.

 

Matrícula de novo alumnado para o curso 2015-2016

Matrícula para alumnado novo: Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2015-2016 foi admitido. O alumnado que xa cursou estudos no actual curso non ten que facer este trámite.

Fondo solidario de libros de texto para 3º e 5º de Primaria

Pode consultarse aquí a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2015/16. Aquí pode descargarse o impreso necesario para a solicitude.

Axudas para a adquisición de libros de texto

Vén de ser publicada a orde que regula as axudas para a adquisición de libros de texto para alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de Primaria. Aquí pode descargarse o impreso para solicitalas, e aquí pode consultarse a Orde do 22 de maio de 2015.

Proba avaliatoria de 3º de Primaria

 A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa deu o 24 de abril de 2015 instrucións para desenvolver a avaliación individualizada do alumnado de 3º de Primaria. A proba realizarase os días 27 e 28 de maio

 

Proxecto ESTALMAT de talento matemático

O proxecto ESTALMAT-­Galicia para estímulo do talento matemático anuncia a convocatoria anual da proba de selección para estudantes nacidos nos anos 2002 ou 2003.

Campaña de reciclaxe de aparellos eléctricos

O CEIP Campomaior súmase a unha campaña escolar de reciclaxe e aproveitamento de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos. Esta campaña parte da empresa Georecovering, situada no polígono industrial de Merelle, e busca a colaboración da comunidade educativa para eliminar dunha forma segura os aparellos que non se usen.

Solicitudes de admisión para o curso 2015-2016

Foi admitido todo o alumnado solicitante de praza para o curso escolar 2015-2016.

Distribuir contido


by Dr. Radut