O CEIP Campomaior súmase a unha campaña escolar de reciclaxe e aproveitamento de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos. Esta campaña parte da empresa Georecovering, situada no polígono industrial de Merelle, e busca a colaboración da comunidade educativa para eliminar dunha forma segura os aparellos que non se usen.
Ata o día 5 de maio poderán depositarse nos colectores situados á entrada do colexio obxectos como teléfonos, ordenadores, impresoras, calculadoras, radiocassettes, routers, reloxos, cargadores, transistores, pilas, baterías, enchufes e similares. A empresa reciclará os elementos aproveitables e eliminará o refugallo dunha maneira respectuosa co medio.