Skip to Content

Listaxe provisional do fondo de libros de texto

Esta é a listaxe de alumnado admitido e excluído do fondo solidario de libros de texto para o curso 2017-2018.

As axudas para a adquisición dos libros de texto poden consultarse aquí.

Para calquera dúbida, consulten co centro.

Telexornal Carlos Casares

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2017 quixemos facer unha homenaxe a Carlos Casares. O autor deste ano conta con diferentes publicacións, que dende o colexio queremos dar a coñecer. Para iso, gravamos o telexornal que se pode ver nesta ligazón:

https://youtu.be/6U2EV4cyRYU

Libros de texto para o curso 2017-2018

 

Reunión para as familias do alumnado que se vai escolarizar en 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 2017-2018

Estimadas familias:

Convócasevos para unha primeira xuntanza o venres, 30 de xuño ás 10 horas da mañá na sala de usos múltiples do noso centro.

 

Solicitudes para transporte escolar excepcional e para cambios en Valores Cívicos/Relixión

Estes son os impresos para solicitar o cambio de Relixión a Valores Cívicos e viceversa, e para solicitar o uso excepcional do transporte escolar.

Matrícula de novo alumnado para o curso 2017-2018

Matrícula para alumnado novo: Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2017-2018 foi admitido. O alumnado que xa cursou estudos no actual curso non ten que facer este trámite.

Prazo de matrícula: do 20 ao 30 de xuño, de 9:30 a 14:30 horas.

Avaliación de 3º de Primaria

A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións para a avaliación de 3º de Primaria. Poden ser consultadas aquí.

Para calquera dúbida, as familias do alumnado poden preguntar aos titores ou á directora do centro.

Fondo solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18. Esta mesma orde de 16 de maio de 2017 regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

O impreso da solicitude pode descargarse aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut