Matrícula para alumnado novo: Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2017-2018 foi admitido. O alumnado que xa cursou estudos no actual curso non ten que facer este trámite.
Prazo de matrícula: do 20 ao 30 de xuño, de 9:30 a 14:30 horas.
Documentación necesaria para todo o alumnado:
- Impreso de matrícula cuberto en letra maiúscula e con datos completos. Débese elixir a opción de Atención Educativa ou Relixión Católica. Se vai usar transporte escolar da Consellería, deberán sinalar cunha cruz no recadro correspondente e escribir, ao lado, o nome da parada máis próxima. O impreso pode ser descargado aquí, e cubrirse directamente na pantalla se o dispositivo o permite.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da alumna ou alumno.
- Autorización para uso de imaxe. Pode descargala aquí.
- Listado de persoas autorizadas para a recollida do alumno/a e de aviso en caso de emerxencia. Pode descargalo aquí.
- Enquisa sobre a lingua para o alumnado de 3 anos. Pode descargala aquí, e cubrila directamente na pantalla se o seu dispositivo o permite.
- Oito fotos de tamaño carné, co nome e apelidos por detrás de cada unha.
Documentación adicional, en caso de que o alumno ou alumna estea nalgunha destas situacións:
- Fotocopia do carné de familia numerosa, se é o caso.
- Solicitude de uso excepcional de transporte se a vivenda está a menos de dous quilómetros do colexio. Pode descargala aquí.
- Copia dos documentos médicos que acrediten doenzas ou problemas de saúde que o centro escolar deba coñecer, así como as pautas sanitarias recomendadas.
- Copia de sentenza xudicial sobre a custodia e patria potestade en caso de separación ou titoría legal.
MOI IMPORTANTE: Coas copias da documentación presentaranse os orixinais correspondentes para o seu cotexo.
Anexo | Tamaño |
---|---|
2017-2018 - Impreso de matrícula.pdf | 153.14 KB |
2017-2018 - Enquisa sobre a lingua.pdf | 726.54 KB |
2017-2018 - Imaxe.pdf | 103.89 KB |
2017-2018 - Recollida.pdf | 97.38 KB |
2017-2018 - Transporte escolar.pdf | 96.43 KB |