Skip to Content

Reunión para as familias do alumnado que se vai escolarizar en 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 2017-2018

Estimadas familias:

Convócasevos para unha primeira xuntanza o venres, 30 de xuño ás 10 horas da mañá na sala de usos múltiples do noso centro.

 

Trataremos os asuntos seguintes:

  • Presentación do equipo directivo e da xefatura do departamento de Orientación
  • Exposición dos criterios de distribución do alumnado nas aulas
  • Hábitos e habilidades básicas propias de nenas e nenos desta etapa, que facilitarán a incorporación ao colexio e o seu desenvolvemento xeral 
  • A entrada gradual na escola 
  • O proceso de desapego afectivo 
  • Outros asuntos de interese 


Dada a importancia dos asuntos a tratar, pregamos a vosa asistencia. 
 

 

A Xefa do Departamento de Orientación e directora

Ángela Mª Vilariño Rama 



story | by Dr. Radut